Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 mars 2014

UN TODOTERREO DRUSO

peliculas153

Unha vez percorrín montes e vales no todoterreo dun cristiano druso. Unha música árabe facía bailar un rosario abrazando desinteresadamente o espello retrovisor. A antiguedade do vehículo e os ritmos enfebrecidos axudáronme a sentirme coma un enviado especial viaxando cara as montañas de Chechenia onde se agocha a resistencia islámica. Issam Algnam Hassam, o condutor e anfitrión, levoume con xenerosidade por unha serie de aldeas monohabitadas. O alcalde de Muras non deixaba de parar o todoterreo para saudar os camiñantes sen orixe nin destino que se aparecían polo camiño. Daquela entendín toda a súa concepción política con fundamento no abrazo, na pregunta pola familia e no interese polo pequeno problema para o Concello e un gran problema para o seu pacente. Issam referíase a iso cando se enmorriñaba do PP de Fraga e Cacharro, e contrapoñía o PP "dos yeyés". O PP de Cacharro era ben outro ca o de Fraga porque cochaban na ambición de poder, pero ambos os dous manexaban as grandes institucións, a Deputación de Lugo e a Xunta, con ánimo consular, coma se fosen institucións vitalicias feitas dunha masa que eles amoldaban ás feituras do pobo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité