Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 mars 2014

CRIMEA 90-60-90

barco en una ciudad

Escribo impresións. Nada lin sobre Crimea, falo polo que sentín na radio, porque a crise de Crimea non deixa de parecerme un novo avance na Historia da PanRusia, que fundou como imperio Pedro O Grande. Hai medio século os comunistas soviéticos practicaron unha das súas mellores: aniquilar e esparecer sociedades con base étnica e cultural para improvisar outras exnovo. Certo que Mussollini, co seu puccianiano de gobernar, inventou o Tirol italiano bastante antes de que o imitase Stalin nunha das súas crises de esquizofrenia proletarista e pandémica. Kruschev inventou Crimea, Stalin limpouna explicitamente de tártaros para enchela de rusos e onte os rusos que a colonizaron Crimea votaron regresar á nai patria. O rigor da súa opinión iguala ao que poden ter o referendo dos colonos nas terras palestinas ocupadas por Israel. Case que o 100% votaría por regresar á matria hebrea, levando canda si, e nese aspecto reside o problema fundamental para o Dereito Internacional desta crise ucraína, o territorio que invadiron. Por outra banda, o sufraxio equipara en respectabilidade aos que decretaba Franco cando lle entraba a sensibilidade zarzueleira tras botarlle unha ollada -dubido do fondo lector do ditador- a un ensaio -para entendermos- de Menéndez Pidal, cantaba "Granada, tierra soñada por mí", mandaba deter aos librepensadores de cada vila e organizaba un referendo coa Garda Civil como observadora internacional. Os resultados, casualidade, superaban en toda oportunidade o modelo de medida feminina actual. Volvo a impresión. Putin -como Mussollini, Kruchev, Franco e Menéndez Pidal- está exento de padecer a menor inspiración democrática.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité