Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 mars 2014

A MANTA DE PAOLA DOMINGUÍN

chavs

Esta mañá chegoume unha carta de Bankia ofrecéndome a manta de Paola Dominguín. A proposta pareceume un tanto renarteira porque non era a señora Bosé quen me amosaba as prestancias da oferta, senón unha modelo loira e ben máis guapa. Pero non atopar a Paola na proposta espertoume a desconfianza. Pregunteime por que Goirigolzarri me enviaba esa carta tan afable, se a primavera asoma xa con todas as súas promesas de camelias e caloríos. Certo que a mañá arrefriara e cheguei á casa un tanto descompensado termicamente logo do paseo matutino que me levou dende a meseta na que Lucus Augusti botou raíces ata San Fiz, unha aldea que vive de vello con discrección a súa cercanía a Lugo. Cerca dela plantaron a comisaría da Policía Local. Había de salvar un trámite e paguei, a cambio, unha camiñada dun quilómetro de ida e outro de regreso. O primeiro que atopei foi un axente amabilísimo, pero que non me deu atendido porque andaba enleado cun problema do coche da filla e pedindo un presuposto para unha pequena reforma nunha casa, pero logo encontrei cunha funcionaria á que o mundo e a vida non lle cargaran con tantas responsabilidades. Ela solventoume todo. No camiño de volta viñen pensando nunha entrevista con Owen Jones, un xornalista británico de clase media sobrado de mocidade e lucidez que se responsabilizou coa diginificación do proletariado do seu país -como antes fixeran Marx, ou o Ché ou Castro-, que non ten tanta trascendencia coma o coche da filla ou unha rehabilitación, pero tampouco o grado é notablemente menor. Non se crean. Como este mes gastei o orzamento para libros en Nabokov e Cortázar, pensei en visitar mañá a Biblioteca Nodal e pedir Chavs. O meu desacordo con Jones é de base, pero quero coñecer o xeito no que anova teoría de que a sociedade, a través dos políticos e os medios de comunicación, oprime á clase traballadora. Hai maniqueísmos que me atraen se están expresados dun xeito orixinal. Non son proletario, pero teño contacto diario con esa clase social que Owen Jones considera vixente. A miña observación é que carecen de interese por máis coñecemento e formación que non sexa referida á cantidade de axudas sociais que poden cobrar e compatibilizar. O cumio das súas carreiras produciuse durante a bonanza, na que mesmo levaban un calendario de días laborales precisos para que o Estado lles financiase os desexados días de ocio. Son consciente de que este sistema de vida por conta allea non é cuantitavemente comparable co que enriqueceron a Blesa ou a Rato á fronte de Bankia, pero esa procura permanente de que nos agasallen cunha manta regalada trasluce idéntica nulidade de interese por buscar a mellora profesional e económica alén o curto prazo. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité