Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 mars 2014

ESMALTE AZUL

kubrik e douglas en orange

PASADOS CORENTA séculos dende a construción da Torre de Babel, non é sen tempo que se lles devolva a dignidade aos arquitectos. Segundo se le nas Antiguedades xudeas, do historiador Flavio Xosefo, o rei Nebrodes encargoulles erixir unha torre que abondo impermeable e alta para que nunca a acadasen as aguas no caso dun novo tsunami como o Diluvio Universal. Usaron ladrillos de barro e betún impermeabilizador para erixir unha torre que Herodoto describe con de sete andares que subían ata os 91 metros. A parte máis alta estaba decorada con ladrillos de esmalte azul brillante «para dar a impresión de que o edificio se perdía no ceo». O proxecto fracasou. O Xénese dálle o mérito ao derrube a Yavhé por alterar a capacidade psicolingüística dos arquitectos para que empezasen a falar linguas de familias distantes. Semella estrana a hipótese porque os planos da torre estaban trazados. Coincido co pintor Brüguel O Vello en que o problema debeu de ser de estruturas. O faro de Pena Burela nunca tivo esmalte azul nin pretensión de confundirse coa mar e Burela está exportando o seu modelo de convivencia idiomática, polo que o motivo do que un temporal o tronzase a principios deste mes vén dar a razón a Brüguel. Hai poucas estruturas que resistan décadas á forza do mar. Soamente aguantou a Arca de Noé: non tiña suxección algunha na terra.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité