Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 mars 2014

PETERPANISMO PROLETARIO

 

Spice-Girls-spice-girls-618507_1920_1589

Unha das mellores definicións dun ascenso social instantáneo podemos logo de comezar a novela Mansfield Park (DeBolsillo): «Maria Ward, con soamente sete mil libras de dote, tivo a sorte de cativar a sir Thomas Bertrand, de Mandsfield Park». A escritora nos presenta a afortunada como «preguizosa e distraída».
Maria puido gozar outra vida sen precisar inventala, como lle acontece ao personaxe de Josito Porto no monólogo As mil vidas de Matias Housemann. A Zona C de Santiago acolle estes días as transformacións deste home calquera que prefiere ser estrela da música, futbolista de primeira, monologuista, mafioso, líder espiritual e mesmo presidente do goberno. Eu, agás isto último, estaría disposto a probar co resto.
Josito Porto é un actor de éxito elaborado, ao contrario de James Tyrone, o pai da familia que compón Longa viaxe cara á noite. O Centro Dramático Galego (CDG) estrea a peza dramática de Eugene O’Neill. Poderá verse ata fins de maio en once localidades galegas e portuguesas. Como acabaremos tomando como lóxico, ningunha delas se chama Lugo.
O responsable do CDG, Manuel Guede, nunca se relaxa cando ten que programar. A súa etapa anterior foi notable, a actual é continuidade feliz daquela. Agradézolle a escolla de O’Neill, fillo dun emigrante irlandés que buscou «a sorte de cativar». O seu pai era un actor irlandés emigrado aos Estados Unidos que acadou unha sona difusa teatralizando o cativerio do Conde de Montecristo. Como non deu triunfado na escena, O’Neill resignouse a ser buscador de ouro, mariñeiro en veleiros e barcos, tripulante nun trasatlántico, actor —novamente— no Salvaxe Oeste e, ao cabo, xornalista.
A súa clase natural é un estrato medio baixo, como o de Maria Ward. Jane Austen, que agochaba unha muller perspicaz e retranqueira baixo ese aspecto de consumidora compulsiva de aspirinas, fala dese ansiedade que exasperaba ás miserables do seu tempo pola «sorte de cativar». A novelista, que proviña da burguería agraria, sabía que as oportunidades daquelas rapazas duraban o mesmo ca súa mocidade.
A desfeita economónica do pasado lustro asolagou Galicia ata ter semellanzas coa Gran Bretaña de 1814, cando se publicou Mandsfield Park. O noso proletariado —concentrado en Ferrol e Vigo— sufre agora por non ter superado a síndrome de Peter Pan a tempo. Hai trinta anos que sabe que a industria naval carecía de porvir, pero teimou en ir indo. Os fillos dos 90 convencéronse como se convenceu Pimentel a respecto de Rosalía: «Non convén chorar máis/ ela chorou por todos e pra sempre».
O barrio de San Valentín, en Fene, puxo a trinta pintores —entre eles, Suso Basterrechea— a embelecer os muros con murais e con cadros que reflectisen sobre a relación dos veciños coa construción naval na iniciativa Mar e ferro. O proxecto, do Centro de Promoción Social e Radio Fene . Non servirá para asumir que hai que buscar outros campos de traballo. Ao contrario: insistirá no peterpanismo, pero a miseria non será resignada. A maiores, a documentalista Olaia Cendón vén de gañar o premio Auditorio de Galicia co vídeo Kaufland, no que os seus amigos analizan o xeito no que os afectou a crise. Poderá verse na Zona C. Non serán as teorías xerais de Christine Lagarde, pero gañan en empirismo á directora do FMI.
Nada cambiou dende que Austen fixo dixir hai 200 anos a Fanny, a súa Cincenta: «Por suposto que penso en ser rica. Non o pensamos todos?»

 

TEMOS UN PATRIMONIO tan fascinante na fachada que ás veces é mellor ignorar en que estado se atopa por dentro.
A noticia de que un electricista levara o Códice Calixtino supuxo unha volta de guión traxicómico que non gozabamos dende o depurado traballo de Antonio Ozores na película Esto es un atraco (1987). O peculiar furto palidece en comparanza co que nos revelan as descubertas na catedral de Santiago.
Lendo as crónicas sobre o que se están atopando os técnicos —formigón, filtracións, humidades, fendas—, compoño a mesma cara ca o meu dentista cando avaliou o estado dos meus empastes a última vez que me atrevín a abrir a boca na súa presenza non sendo para facer unha gracieta. As desfeitas proceden de traballos de mellora dos séculos XIX e XX.
A situación amosa tal gravidade que hai unha campaña explícita para apadriñar o templo compostelán e sumar aos 2,5 millóns que lle vai dedicar o Consorcio de Santiago.
O prefinanciamento da cultura a cargo os particulares estase impoñendo diante como xeito dos sectores culturais de manter o seu peterpanismo singular. Carlos Portela e Sergi San Julián puxéronse á porta desa igrexa que chaman Verkami para financiar a continuidade do cómic La cuenta atrás, que contaba a Marea Negra do Prestige.
Curiosamente, Jane Austen puido publicar porque a literatura deixou de ser financiada por mulleres e pasou a manterse grazas ás vendas a particulares. Ata o daquela ningún benefactor da arte quería que se lle relacionase con mulleres.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité