Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 mars 2014

XEOMETRÍA

marten-esko-epp-õlekõrs-konstanet-cultivated-variety_04-1200x800@2x

Bento Spinoza redactou o axioma de que «podemos imaxinar cousas en ausencia da súa existencia presente». Os cultivadores imaxinan cada primavera unha horta que non pretenden que sexa nova, senón que sexa o máis parecida ás hortas de anos anteriores. Virxenciña, que quede como estou; adoita dicirse. Spinoza viviu en Amsterdam no século XVII. O seu oficio, puír lentes, estaba afastado da agricultura; pero algunhas nocións sobre colleitas debeulle aprender a nai, que seica era ourensá. As galegas crean hortas porque lles parecen unha garantía de subsistencia familiar. Seguro que nai de Spinoza atendía un hortiño ceboliños, leitugas e crisantemos no barrio de Vloenderburg. Os cultivadores animáronse coa pausa de sol de hai uns días. Todo que dispuña duns metros cadrados de terra parda e ordenounos xeometricamente para sementalos. Poida que nunca teñan lido a ‘Ética demostrada segundo a orde xeométrica’ (Alianza Editorial). Nese ensaio, o filósofo aseguraba que «a potencia das causas exteriores supera infinitamente á potencia humana». Excusan de lelo no que respecta aos seus cultivo: xa leron no libro da experiencia que os ceboliños ou as leitugas poden quedarlle asolagados ou secos, poden quedar murchos ou desaparecer por man allea e furtiva. Quedarán os crisamentos, tan xeométricos, para consagrar a primavera.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité