vendredi 28 mars 2014

O PRESIDENTE MUNDIAL DE BILBAO

O día en que morreu o alcade de Bilbao souben que me había de chamar a miña nai. Itziar Ortiz de Zarate naceu en Bilbao e agora vive en Bilbao tras cincuenta anos amosando unha poderosa forza de vontade por non pisar a baldosa de Bilbao dende a mañanciña ata o solpor. E a miña nai chamoume para comentar "lo de Azkuna", que se era un bo alcalde, pero a negativa a retirar os retratos dos rexidores franquistas afeaba un pouco todo o seu labor para volver a convertir Bilbao na capital mundial da capacidade para rirse da propia soberbia.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 25 mars 2014

XEOMETRÍA

Bento Spinoza redactou o axioma de que «podemos imaxinar cousas en ausencia da súa existencia presente». Os cultivadores imaxinan cada primavera unha horta que non pretenden que sexa nova, senón que sexa o máis parecida ás hortas de anos anteriores. Virxenciña, que quede como estou; adoita dicirse. Spinoza viviu en Amsterdam no século XVII. O seu oficio, puír lentes, estaba afastado da agricultura; pero algunhas nocións sobre colleitas debeulle aprender a nai, que seica era ourensá. As galegas crean hortas porque lles parecen unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 25 mars 2014

SUÁREZ FOI BEATIFICADO SEN ADVOCATUS DIABOLI

Toda esta enchente de devoción cara a Adolfo Suárez, estas cinco décadas velando ao Mario de Delibes, esta tumefacción de louvanzas, este permanente descubrimento de fazañas, esta heroificación dun home que apostou todo a cara cunha moeda que se deitou de cruz, empeza a cansarme. O expresidente do goberno español foi un dos poucos políticos de obediencia franquista que soubo anticiparse á evolución de pecharse en si mesma para resistir ata a derrota nunha sorte de novo Alcázar. No canto de fortificarse nas estruturas da ditadura e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 23 mars 2014

PETERPANISMO PROLETARIO

  Unha das mellores definicións dun ascenso social instantáneo podemos logo de comezar a novela Mansfield Park (DeBolsillo): «Maria Ward, con soamente sete mil libras de dote, tivo a sorte de cativar a sir Thomas Bertrand, de Mandsfield Park». A escritora nos presenta a afortunada como «preguizosa e distraída».Maria puido gozar outra vida sen precisar inventala, como lle acontece ao personaxe de Josito Porto no monólogo As mil vidas de Matias Housemann. A Zona C de Santiago acolle estes días as transformacións deste home... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 22 mars 2014

WOODSTOCK: BISBAL EN FERROL

O concelleiro de Cultura de Ferrol tivo unha idea certamente orixinal para celebrar o Día de Galicia: contratar a un señor de Almería que canta en español. Sería un exceso sensibilidade patriótica a un edil do PP porque a súa formación non é nacionlista galega, pero si debería inclinarse cara a un evento relacionado coa cultura do país para o 25 de xullo. Ben, Manuel Reyes García Hurtado decidiu que David Bisbal sexa o representante da cultura ese día cantando os temas de Tú y yo, e non podo felicitalo pola súa fondura intelectual... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 21 mars 2014

ESMALTE AZUL

PASADOS CORENTA séculos dende a construción da Torre de Babel, non é sen tempo que se lles devolva a dignidade aos arquitectos. Segundo se le nas Antiguedades xudeas, do historiador Flavio Xosefo, o rei Nebrodes encargoulles erixir unha torre que abondo impermeable e alta para que nunca a acadasen as aguas no caso dun novo tsunami como o Diluvio Universal. Usaron ladrillos de barro e betún impermeabilizador para erixir unha torre que Herodoto describe con de sete andares que subían ata os 91 metros. A parte máis alta estaba decorada... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 18 mars 2014

A MANTA DE PAOLA DOMINGUÍN

Esta mañá chegoume unha carta de Bankia ofrecéndome a manta de Paola Dominguín. A proposta pareceume un tanto renarteira porque non era a señora Bosé quen me amosaba as prestancias da oferta, senón unha modelo loira e ben máis guapa. Pero non atopar a Paola na proposta espertoume a desconfianza. Pregunteime por que Goirigolzarri me enviaba esa carta tan afable, se a primavera asoma xa con todas as súas promesas de camelias e caloríos. Certo que a mañá arrefriara e cheguei á casa un tanto descompensado termicamente logo do paseo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 17 mars 2014

CRIMEA 90-60-90

Escribo impresións. Nada lin sobre Crimea, falo polo que sentín na radio, porque a crise de Crimea non deixa de parecerme un novo avance na Historia da PanRusia, que fundou como imperio Pedro O Grande. Hai medio século os comunistas soviéticos practicaron unha das súas mellores: aniquilar e esparecer sociedades con base étnica e cultural para improvisar outras exnovo. Certo que Mussollini, co seu puccianiano de gobernar, inventou o Tirol italiano bastante antes de que o imitase Stalin nunha das súas crises de esquizofrenia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 16 mars 2014

UNHA NOSTALXIA AUSTROHÚNGARA

  Novedades Carminha, a banda radicada en Compostela, vén de quitar Juventud infinita, un disco que presentan cun sinxelo homónimo de inspirado retrouso : «O follamos todos o me tiro al río/ Juventud infinita, juventud infinita». Exhibindo tanto desespero feromónico, semellan máis encamiñados a cambiarse o nome polo de The Lost To The River.O trío debería estar máis atento ao xeito no que vai tirar rendemento ao seu disco, malia que xuraría que non padeceron transtorno do sono algún por un desaxuste métrico nas súas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 14 mars 2014

UN TODOTERREO DRUSO

Unha vez percorrín montes e vales no todoterreo dun cristiano druso. Unha música árabe facía bailar un rosario abrazando desinteresadamente o espello retrovisor. A antiguedade do vehículo e os ritmos enfebrecidos axudáronme a sentirme coma un enviado especial viaxando cara as montañas de Chechenia onde se agocha a resistencia islámica. Issam Algnam Hassam, o condutor e anfitrión, levoume con xenerosidade por unha serie de aldeas monohabitadas. O alcalde de Muras non deixaba de parar o todoterreo para saudar os camiñantes sen orixe... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]