mardi 11 mars 2014

DE ROUCO A BLÁZQUEZ, DO ROMÁNICO AO GÓTICO

  A Igrexa católica española evolucionou dende Románico ao Gótico nun so día. A marcha de Rouco Varela e a elección de Ricardo Blázquez está lonxe de ser un gran avance nos contidos, pero cando menos será nas formas e na orientación. Semella irónico que, agora que empeza a borrarse a crise, a Igrexa vai empezar a mirar cara aos estómagos baleiros máis que as almas renegridas. A presidencia da Conferencia Episcopal Española era un asunto que me afectaba case tan escasamente como a presidencia do Real Madrid dende que Franco... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:07 - Commentaires [1] - Permalien [#]

lundi 10 mars 2014

A REBELDÍA MANSELIÑA

Feijoo pide a Novas Xeracións que se rebelen, "pero non contra o sistema". Espléndida contradición, porque a rebeldía debe ser radical e iracunda, non pode ter unha gradación. O mandatario conservador ignora iso porque a súa rebeldía máis extrema foi votar a Felipe González no mediodía da súa mocidade. Sandou. Por iso pode aos novos neocatecuménicos que torzan a boca a esta balsa de aceite renegrido asentada e aceptada que é a política. Eles navegarán felices nesa balsa nuns anos, pero facendo por non engurrar as... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 8 mars 2014

"PALPEILLE OS PEITOS DA CRIADA E ESPERO CHEGAR A MÁIS"

  O Observatorio da Cultura Galega revela con crueza milenarista que o gasto en libros baixou en 15,3 millóns de euros no noso país entre 2011 e 2012. O dato definitivamente entristecedor é que o informe exclúe o libro de texto.As malas noticias padecen de medo á soedade e sempre van acompañadas. Á baixada dun 27% dos ingresos editoriais nos pasados catro anos, sumáronse a suspensión de pagos de Sargadelos, a caída de parte da casa natal de Carvalho Calero en Ferrol, o peche da libraría Couceiro na Coruña e o abandono por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 7 mars 2014

SOÑAR ESE SOÑO

  A quebra do faro de Burela mancoume fondo. Os técnicos que analizaron o estado usaron a palabra irrecuperable. O meu pai contábame cando remaba ata alí co meu avó en popa para apañar percebes. Uns días despois de que morrese soñei co meu avó, ao que non coñecín, sobre a pena do faro, vestido cun traxe negro e dezanove. O meu pai vestía o seu bañador a cadros de cando era neno, pero no soño el tiña catorce anos, e me tendía unha presada de percebes. Agora nunca máis poderei soñar ese soño.
Posté par Jaureguizar à 22:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 6 mars 2014

A ESVELTÍSIMA PONTE DE RIALTO, OS DELICIOSOS PEIXES FRESCOS DO LIDO

  Os curas reparan os engranaxes da alma. Cando un fregués confesa cun sacerdote, non precisa espirse nin presentar a roupa interior dos  feitos desencamiñados da rectitude. O xastre si que vai velo coa vestimenta da intimidade. Ninguén coñece unha vila coma un alfaiate que calibre a medida dos brazos ou a distancia entre xeonllo e xeonllo de cada veciño. Na sobremesa dunha festa da androlla en Navia de Suarna faláronme dun xastre local —ignoro se era Benedicto Lombardero— que refería, cando un brandi lle mollaba a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 5 mars 2014

DÍAS DE BURDEOS E ROLEX

Pérez Varela presumía de que cada intelectual lle saía a 1.000 euros per cápita. Eu nunca tanto lle pedín. Aínda me vexo quince anos atrás chamando aos concellos para que me cedesen algún auditorio municipal no que impartir charlas que me pagara o seu departamento e que ningún concelleiro se ocupara en organizar. Mesmo lembro unha tarde de wenstern en Sober na que debía dar unha charla sobre literatura e internet nos albores do segundo dos asuntos. Soamente acudiu Guitián, daquela o concelleiro de Cultura, que se apiadou do meu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 4 mars 2014

OS SETE MAGNÍFICOS

Ocórrenseme poucas dignidades equiparables a ser concelleiro en Santiago e ningunha medible con ser membro do equipo de goberno local. Mandar na capital do Reino de Galicia, nese lugar tan sobrecargado de auctoritas, solemnidade, cortinaxe e Historia, é case que o único motivo para que lamente carecer de interese pola xestión. O ánimo dun edil do PP en Compostela debe de estar enchido con visos de eternidade. Partindo desa continua sensación coa que viven de cumprir todas as expectativas que lles reclama o destino e de gozar días mel... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 3 mars 2014

OS PARTIDOS MINGUANTES

Beiras prosigue o seu avance alucinado cara ao Alba de Groria. Enfebrecido por confirmar a súa trascendencia, todo o humano parece serlle alleo. Tras abandonar Esquerda Nacionalista aínda sendo proxecto haxiográfico, está a un paso de fagocitar saturnianamente o seu foro de culto, Anova. Os seus axudas de cámara non soportaron máis tanta ansiedade de culto. Supoño que son conscientes de que Anova converteu o partido ferrolán Esquerda Unida nun partido nacional, cando menos na representación no Hórreo en expectativa de novas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 2 mars 2014

TODOS SOMOS ARTISTAS

AS DÚAS GRANDES ideas forza da modernidade son que os fubolistas teñen unha semana laboral dun único día e que a arte contemporánea é un timo. Non me sinto autorizado para opinar sobre fútbol, pero dáme a impresión de que, para correr quince quilómetros durante hora e media ao ritmo dos xogadores, hai que ter a capacidade aneróbica de Hermes, o mensaxeiro dos deuses.No asunto da arte concordo coa xeneralidade da cidadanía, se ben non podo evitar a sospeita de que a maioría se fía dunha impresión frívola fundamentada nunha soberana... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]