
O tempo da imposición na Historia de España é infinitamente superior ao tempo do diálogo, esa fórmula tan lembrada co gallo da Transición agora que as maiorías absolutas en Madrid están causando que se deixe de aplicala. As consecuencias desa falta de entrenamento na conversación e na cesión estamos mirándoas co problema catalán. Ao primeiro, e durante anos, negouse a existencia mesma de Cataluña. A reacción da sociedade catalá reclamando unha mellora no corpo lexislativo de seu, un equilibrio fiscal máis xusto e un campo de...
[Lire la suite]