Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 avril 2014

A HISTORIA INTERMINABLE

captura-de-pantalla

Rajoy volve aplicar a mesma fórmula que o levou a deambular polo poder dende que a primeira vez que gañou unhas eleccións a algo, en 2011: laissez faire. O deixar facer é un principio do liberalismo económico, pero o presidente español non é un liberal convencido, é un liberal que deixa facer por non ter que ocuparse. Gobernar cáusalle unha densa preguiza, tanta que me pregunto -sospeito que el tamén- quen lle mandou meterse a xestionar España. O positivo da democracia española é que valora nomeadamente a mediocridade e que refrea ao que destaca. España é cuspidiña ao seu aparello administrativo. Por iso gañou. Ata o de onte, Mariano Rajoy tiña dediante un problema, nomear un candidato ás europeas, e, hoxe, solventou a un lado mandando a Cospedal como delegada rexia a comunicarnos o nome do designado. O asunto levaba uns meses de atraso, pero o presidente gusta de manexar o tempo político, como din os periodistas de Madrid que lle encalan A Moncloa. Eu discrepo nesa louvanza porque o manexa sempre no mesmo senso dilatorio. Nunca cambia de ritmo. O seguinte problema que non se lle marcha da vista por moito que peche os ollos, e este vai en serio, é Cataluña. A maiores de dicir verdades tan radicalmente inanes para o encaixar o país mediterráneo en España como que o referendo non cabe na Constitución, Rajoy segue confiándose ao seu ministerio máis valioso, o dos prazos. Non calcula que o caso catalán non consiste unicamente en tempo, hai tamén un espazo en relación directa con ese espazo; un espazo de cidadáns que exasperan día a día porque non se lles propón unha alternativa razoable á secesión. Einstein xa nolo explicou, pero Einstein é outra preguiza.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité