
Semana Santa, España. Oito badaladas dominicais acompasan uns cantos harmoniosos. Deixo o café para asomar ao balcón. Estou vestido, descalzo. A camiseta das bicicletas de Eivissa ben se defende co frescor educado da mañá. Un grupo de fregueses adéntrase no cantón por baixo da casa. Son anciáns que alegran as cabezas brancas e grises con panos vermellos ao pescozo. Cargan unha figura cuberta pola caluga e as costas por un pano negro sobre unha peaña. Os catro portadores amosan ilusión, non parece que lles represente unha carga. Polo...
[Lire la suite]