Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 avril 2014

DÉDALO AGUIRRE

Raging-Bull-1980-Images

Fernando García de Cortázar, antes o coruñés Ramón Menéndez Pidal, e outros historiadores españois consagraron estudo e fabulación a construír un nacionalismo singular, o español, que non se basease en lendas, mitos, esaxeracións e interpretacións favorables de feitos como acontece de todo canto nacionalismo prolifera no mundo e actuou na Historia con resultados desiguais. A expresidenta de Madrid, Esperanza Aguirre, solventou tanta inmersión fabuladora nun discurso filotaurino no que veu equiparar os contrarios á festa nacional cos antiespañois. Ben certo é ambos os desagrados conviven nun nutrido grupo de persoas, pero tamén que se pode identificar ambos os grupos cos de amantes do fútbol e mesmo da auga sen gas. Con todo, vou aceptar a tese de Aguirre. O respecto pola biodiversidade na fauna e nos seres humanos poden atopar unha mesma fonte de sensibilidade e cultura. O punto de quebra prodúcese no argumento de equiparar a oposición a que se ceibe un animal nun cerrado para que forzalo a enfrontarse a unhas persoas agresivas armadas con elementos punzantes coa oposición a que gobernantes alleos a unha sociedade que comparte elementos identificatorios tomen decisións que determinan a vida dese colectivo. Cando escoitei a Aguirre pensei que era Dédalo deseñando o labirinto de Creta para manter atrapado o Minotauro, pero, xusto nese intre, desafiou a lei da gravidade intelectual citando a Albert Boadella como autoridade taurófila. Recoñezo que gañou ese dereito a manipulalo porque foi ela quen o silenciou as súas bufonadas pagándolle cos Teatros del Canal. Un xesto que lle agradezo. Esperanza Aguirre fala da nobreza e a valentía dun animal cunha intelixencia tan limitada que é incapaz de comprender eses conceptos. O touro non é Asterión, o fillo de Pasifae e un touro, responde ao pánico cando o acosan e mancan.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité