Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 mai 2014

UN CLUB DE LUME INFERNAL PARA QUIQUE BORDEL

 

 

baile-mascara

Quique Bordel dicíame esta tarde, segundo saíamos do seu estudo en Campo Castelo, que "Norman Mailer convertía en épico todo canto contaba". Todas as sociedades precisan dun Mailer que as conte con tanta precisión e tanto atrevemento coma Mailer, pero todas as sociedades precisan dun Quique Bordel que lles abra as tripas e as escandalice. Bordel é un xenio que, a maiores, fai arte. Nas súas obras abondan os aforcados e os pendurados polos pés, tamén os empalmados. Non necesariamente coinciden os primeiros e os terceiros. Quique Bordel residiu uns meses en Nova York. O marchante, o falsificador na opinión do FBI, Carlos Bergantiños levouno porque estaba convencido de que Basquiat era branco, torturado e nacera en Lugo. Quique aburriu de pintar botóns de hotel nun baixo desagradable e de ducharse por cinco dólares no ximnasio dun ex adestrador de Mike Tysson, tirou os botes de pintura e regresou ao seu loft en Lugo, o suficientemente cerca dos amigos. Buscando información para escribir sobre Moonfire para relacionalo con A viaxe de Gagarin, cheguei á Festa en Branco e Negro que deu Truman Capote no Hotel Plaza de Nova York o 28 de novembro de 1966. Os requisitos eran vestir de branco ou de negro, e cubrir a cara dunha máscara. A finalidade, promover unha orxía para elites despreocupadas que devecesen por participar nun Club de Lume Infernal, que erans as reunións con filosofia, paganismo, alcool e prostitutas que inventou o Duque de Wahrton na Inglaterra do século XVIII. Mailer ignorou as normas, fascinado como estaba pola nomina de persoas máis famosas ca el: Frank Sinatra, Marlene Dietrich, Greta Garbo, Mia Farrow, Andy Warhol, Tennessee Williams, Nelson Rockefeller, Henry Fonda, John F. Kennedy, Richard Avedon, Cecil Beaton, Leonard Bernstein, Benjamin Bradlee, Richard Burton, Walter Cronkite, Oscar de la Renta, Henry Fonda, Joan Fontaine, Henry Ford, John Kenneth Galbraith, Christopher Isherwood, Robert F Kennedy, Alfred Knopf, Harper Lee, Vivien Leigh, Jack Lemmon, Shirley MacLaine, Joseph Mankiewicz, Walter Matthau, Arthur Miller, Vincent Minnelli, Gregory Peck, Nelson Rockefeller, Philip Roth, Cecile de Rothschild, Irwin Shaw, John Steinbeck ou Billy Wilder. A Quique non lle interesan o luxo nin os cartos, pero seguro que lle divertía profundamente aquela festa sen máis regras cas estéticas. Ao cabo, el púxose o alcume de bordel por algo. Ningún convidado acabou aforcado nin pendurado, a terceira categoría non me atrevo a opinar.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité