
A campaña para as Europeas estame sorprendendo. Agardaba unha propaganda trapulleira e desinteresada, como cando anunciaban "orquestas internacionais" para tocar no Rosalar de Ribadeo e viñan os Poceiro, que unha vez visitaran Valença para mudar o enxoival. Agardaba un carrusel de ideas forza tan débiles como nas anteriores convocatorias, agardaba un solpor de propostas identificadoras de cada candidatura e, sobre todo, agardaba bastantes explicacións que ninguén escoita sobre o papel determinante que van ter os aspirantes no...
[Lire la suite]