Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 mai 2014

OS CINCUENTA PERIODISTAS GALEGOS MÁIS INFLUÍNTES NAS REDES SOCIAIS

Bob Hopkins e Michael Caine

Nunca aparezo nas listas dos periodistas galegos máis influíntes. A vostede, como cliente do Cabaret Voltaire importaralle un carallo ou, con moita alegría pola miña banda, remexerá o cu na cadeira e pasará o dedo índice baixo o nariz por percibilo coma unha inxustiza. Eu fago eses xestos cando non me atopo entre os candidatos e volvo facelos cando tampouco atopo a xornalistas que admiro, como pode ser Montse Dopico. A semana pasada apareceu unha lista de cincuenta periodistas galegos máis influíntes nas redes sociais: encabezaba Xosé Manuel Pereiro, lóxico, e despois aparecían con merecemento Manuel Gago, Marta Rivera de la Cruz, Aníbal Malvar, Antón Losada ou Sonsoles Ónega. Estaban entre os dez primeiros con lóxica e, entre eles, coñecín a Itxu Díaz e Manolo Rodríguez, un pracer, que nin idea de que se dediban ao periodismo.O bo das listas de influíntes é que descobres xente. Na enumeración que estou comentando informarme da existencia de outra vintena de colegas aos que debería coñecer porque as súas achegas teñen tanto peso como os citados. Os seis que mencionei antes traballan en medios estatais, agás Gago, pero Gago é un referente por toda a súa sabedoría. Prometo seguir a esa vintena de ignorados nas redes sociais, pero temo que non vou cumprir. A listaxe empezou a indignarme, polo que pasei a Biosbardia, onde puiden asistir a unha entrevista de César Lorenzo Gil -ben preparada, certamente- a Montse Dopico. A xornalista da Pontenova fai moitos apuntamentos interesantes, pero, entre eles, chamoume o desacordo coa tese de McLuhan de que "a mensaxe é o medio". Neste oficio é moi difícil atopar un traballo enviando un currículo, por moi bo que sexa. O traballo móvese por nomes. É dicir, por marcas. Dopico afimra que "ninguén vai contratarte se non te coñece. Ocorre que antes a marca estaba máis asociada ao prestixio do medio no que traballabas. E agora non é tanto así". Eu estou en desacordo con Montse, aínda conta o medio en países cativos e non desenvolvidos tecnoloxicamente de xeito completo. Acabará sendo así, pero o medio aínda conta, como queda demostrado ano a ano na concesión de certos premios xornalísticos. Por curiosidade, fun consultando onde traballaban eses vinte estraños no meu territorio profesional. Case que todos eles figuraban con nómina a cargo do mesmo xornal coruñés. Adoito ler as páxinas empezando polo sustancioso, pero no encabezamento atopei a tautoloxía. O promotor, José A. del Moral, escribe: "De la mano de Nacho de la Fuente, hemos seleccionado a los más influyentes en los medios sociales y los hemos puesto en una clasificación". Ah, bueno; iso axudará a baixar a tumefacción no meu ego.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Fati, as listaxes son vivas. O Cabaret Voltaire reflicte o momento no que se escribe. A miña norma é corrixir se atopo erratas ou rectificar se son inxusto, pero este non é caso.
Répondre
J
Etxeoquehai, cando o escribín non figuraba na listaxe. De calquera xeito, considero pouco serio que un xornalista sitúe coma candidatos a compañeiros de medio.
Répondre
J
Manuel, estamos en transición. O futuro é o xornalista como marca, pero aínda é futuro.
Répondre
F
Por certo, neste post falta o link clave: http://blogs.alianzo.com/redessociales/2014/04/15/ranking-de-periodistas-gallegos/
Répondre
F
O autor deste blog non entendeu que os rankings son vivos, dinámicos e abertos, tan abertos que onte Santiago Jaureguizar non estaba e hoxe xa aparece. O señor Jaureguizar debería actualizar o post e de paso non sinalar a ninguén.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité