Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 mai 2014

FERROL ESTÁ GUAPA

 

cadillac

 

Con Ferrol pásame como con Negueira de Muñiz. Sinto simpatía polos lugares que son centros neurálxicos da nada, os sitios aos que ir exprofeso e dende os que non se pode ir a ningures. Hai uns anos que non ía e regresei o mes pasado. A media mañá a Praza de España era a definición mais exacta da decadencia. O único que se movía era o vento naquela mañá de sol, también algúns peóns e coches de condutores resentidos. A suciedade, as caixas, a desidia, as tendas desencantadas, os camareiros exasperados. Confío en que Rey Varela adecente a cidade agora que esperta o turismo de cruceiro; aínda que sexa, para que Bisbal diga que "Ferrol está guapa" sen mentir máis do habitual nun visitante público. Ferrol precisa un proxecto. A Xunta e o Concello deberían empezar por redactar un programa quinquenal para o sector naval para superar esta política de prazos curtos, de floteis e barcos militares para dous anos e cincocentos afortunados. Ese é un futuro trampulleiro, un engano consentido pola sociedade ferrolá que acepta calquera proposta que garanta a gobernanza do Partido Popular na cidade porque esta desquiciada.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Certo, pero desta volta atopeino sucio e descoidado
Répondre
D
Para ser xustos, por Ferrol xa pasaron todo tipo de cores (http://es.wikipedia.org/wiki/Alcalde_de_Ferrol) pero a visión sempre foi monocromática.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité