vendredi 9 mai 2014

BATIDORA

O curso de narrativa que impartín na UNED de Foz derivou nunha conversa sobre a literatura guerracivilista, pesadamente moralizante en detrimento da coherencia artística. Eu comentei os problemas de Borges cando se puxo na mente dun nazi en Deutsches Requiem (1949). Ese relato foille relido en voz alta na ditadura arxentina, con eses militares tan afeccionados a deixar caer comunistas dende avións no medio e medio do Mar del Plata (tendo o detalle de raxarlles o bandullo para que non flotasen). O escritor simpatizaba con... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,