
NA PRIMAVERA de 2008 atopei un cantante lucense saíndo da sucursal de Caixanova na rúa da Raíña. Andaba nervioso, como se calculase feitos inanes, como se o seu equipo ía gañar a Liga ou algo igual de trascendente na súa economía. Confesoume que estaba formulando hipóteses sobre as Letras Galegas.
«Álvarez Bláquez non foi mal homenaxeado», retruquei como se soubese moito sobre o editor e poeta. Miroume como se eu fose o modelo para crear o parvo universal. «A miña preocupación non é este ano, senón o vindeiro», confesou...
[Lire la suite]