Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 mai 2014

UN CARTEIRO RURAL

 

SOMBRA

 

Juan García-Morán Escobedo conta no ensaio sobre Leo Strauss previo a ¿Qué es filosofía política? (que vén de rescatar Alianza) que o filósofo alemán soñaba na mocidade con "ser carteiro rural, ter unha granxa de coellos e ler a Platón" polo resto do seu tempo. O seu interese pola política, en abstracto, non impediu que a política en concreto o perseguise. Como xudeo deu esperanza á República de Weimar. Pensou que refrearía o antisemitismo secular da Centroeuropa, esa consideración dos diferentes como estranos. Ao cabo, a política perseguiuno toda a vida e empuxouno a formular unha estada teórica na defensa da democracia liberal. Isabel Carrasco partiu da política, da acumulación de política práctica, con gran capacidade de decisión laboral, e acabou convertida no único elemento constitutivo dunha obsesión desequilibrada. A violencia vai medrando ata chegar a un nivel no que perdemos de vista a súa causa primeira. Non soamente nós, tamén os violentos acaban por esquecer a excusa para a pureza do seu odio.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité