Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 mai 2014

ANTICILÓN

manchester united

Heidegger dicía que somos seres para a morte. O filósofo non chegou ao núcleo ontolóxico: somos seres para o fútbol. Eu tamén calculei na niña infancia que sería estrela de primeira división. Sabía que nacer en Bilbao garantíame tanto como ser zurdo poder xogar no Athletic. Daquela non recoñecera que a miña flexibilidade non gañaba con vantaxe á dunha sinal de Stop. Vermella e branca, iso si. Daquela desenvolvín un resentimento secreto cara a ese xogo de complexas estratexias e movementos que nunca comprendín. Entendía que se pegaba á pelota con forza abonda e dirección axeitada podería evitar ao porteiro colocado entre os dous xerseis. Durante as tres décadas pasadas tratei de rodearme dun círculo aséptico e invisible que me reservase aillado de toda información sobre balompié. Aristóteles aseguraba que «o home é un animal político». Estaba enganado. O home, cando se relaciona con outro ao que non coñece, empeza conversando sobre o clima. Todo o mundo está de acordo en que se chove, chove. É fácil. A conversa sobre o clima é un preámbulo tácito para falar do tema interesante. O home é un animal futbolístico, pero non se atreve a pronunciarse  por se topa cun rival. O clima serve para uliscarse como fan os cans cando atopan un semellante. Se me ven pola rúa, non dubiden en ir directos ao asunto. Por motivos  paternofiliais, busco flores na herba sintética dende hai un ano. Calquera día sento cabo dos Peña Futbolín no Anxo Carro.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité