Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 mai 2014

RESPLANDOR

 

wedding

Álvaro fascinoume cando nos atopamos antonte. Faloume do libro que estaba lendo e mesmo adiantoume o título que reserva en capela. Hai xente que practica lecturas ordenadas e consecutivas, que limitan ao sur co norte da seguinte. As miñas lecturas son varias e simultáneas; desordenadas, caprichosas e inconstantes. Hai libros que me acompañan dende hai moitos anos, pero non porque falen de min nin porque me cambiaran a vida. Esas obras son balizas que emiten avisos na miña mesa de noite porque non os rematei, pero tampouco me aburriron ou indignaron como para metelos nas caixas que cada fin da primavera entrego nunha biblioteca. Esas caixas conteñen a borgiana intención de que outro lector atope algo gozoso no volume que despreciei. Non hai poeta que non escribira un bo verso, descubriunos Borges unha vez que María Kodama lle preparou un mate destacablemente saboroso. Na casa ninguén prepara mate para que eu atope o resplandor de cada libro. Ás veces réñenme pola xeografía: «Cando vas quitar as montañas de libros?» A min tamén me gustaría ordenalos, pero ando lendo neles continuamente, en todos eles. Ou estou a piques de empezalos, como Álvaro. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité