Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 mai 2014

O POBO, A GENTE E OS HUGONOTES

teenagers

A miña tensión vai como a prima de risco española, razoablemente controlada. Aínda así, por aseveramento médico, recuperei o costume -anulado hai un tres meses por causa laboral- de dar un longo abrazo matutino á cidade de Lugo. Case que ao comezo desa hora de paseo, atravesei a praza que fica diante da estación de autobuses. Diante das escaleiras que descenden cara á Porta do Cárcere quedan aínda uns paneis de madeira nos que os partidos pegaron carteis electorais. Uns están superpostos sobre outros, aínda habendo espazo para todos; unha mostra da educación e do respecto que se gardan. Por baixo dun par de bloques de papel podíanse ler as palabras pobo e gente. Correspondían a formacións que prometían levar a colectividade cidadá a Bruxelas, un argumento de ocultación propio das elites que, de non ser tan vella, sorprenderíame. Logrou sorprenderme Lidia Senra no Galicia por diante de Kiko Novoa, a miña rutina radiofónica. Confesaba que hai dous meses ela non se imaxinaba como eurodeputada. Eu tampouco, por motivos evidentes; pero Beiras imaxinouna. Agradézolle a humildade de recoñecer que vai "aprender", aínda que me contraría calcular o que nos vai custar o seu proceso educativo. Cando menos Millán Mon e Ana Miranda saben como camiñar polos corredores del Europarlamento sen perderse e José Blanco ten experiencia de xestión estatal abonda para non tardar en sernos eficaz para o notable desembolso que nos supoñen os nosos representantes aos contribuíntes. Por moito que fascinen aos fillos universitarios da clase media que están parados e non saben por onde se colle un sacho nin como se coloca un nivelador, nin o pobo nin a gente chegan de novos a Bruxelas. Poden propor, berrar, axitar; pero as decisións van seguir tomándoas os de sempre. E os de sempre xa estaban. De non darse un improbable acordo da esquerda, o Partido Popular Europeo continuará a súa política hugonote de aforro extremo e sostemento ata o innecesario -en moitos casos- do conxunto dos bancos. Comprendo que, se non se logra que circule o capital a xeito de créditos, a economía non arrancará con solidez. Tampouco é unha xenial idea miña, é unha traslación do que me advertiu o doutor sobre a miña tensión. Pero chegou o tempo de reclamar do sector privado un sinal de que as achegas do sector público valeron para reparar os seus destrozos. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité