vendredi 30 mai 2014

COMUNISTAS LIBERAIS

Slavoj Zizek dedica varias páxinas de Sobre a violencia (Alianza) a supurar a súa xenreira contra Bill Gates e George Soros. Eu tamén os envexo dun xeito insán. Arquívaos con retranca na categoría de comunistas liberais para reprocharlles que invistan en actividades benefactoras todo o que antes gañaron usando as técnicas máis renarteiras do capitalismo internacional. Zizek intepreta, acertadamente, que o capitalismo soamente sobrevivirá se reparte a riqueza para garantirse o mantemento do consumo, pero semella non aceptar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,

jeudi 29 mai 2014

PUIDERON

Os amigos, os familiares, Helena a que me vende o pan, falan marabillados de Podemos. Eu contéstolles que cinco eurodeputados e unha ración cumprida de labia nada fan entre 736 representantes en Bruxelas. Eu advírtolles do perigo de votar a un partido unipersoal sen saber, para ben ou para mal, que fondo de armario ten. Eu indícolles que Pablo Iglesias non debería marchar a Europa porque, sen aparecer en LaSexta, acabará difuminado. Eu dígolles que Pablo Iglesias pide a Lúa e que fai ben porque as inmobiliarias andan en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 28 mai 2014

DIONISOS

DESCUBRÍN a Dionisio Gamallo en Ribadeo nun maio dos 70 no que o sol quentaba con resentimento. A temperatura subira ata igualar  a que hai na antesala do Inferno onde agardan os condenados a que os conserxes de Satanás lles cubran a ficha. Gamallo camiñaba a espasmos contando os pasos baixo un abrigado gorro ruso e nunhas zapatillas domésticas de felpa. A manga esquerda do seu traxe gris —que cubría un kit de camiseta, camisa e chaleque de lá fina— abrazaba un feixe de xornais. Eu era un neno. Sinaleillo ao meu pai. «Un sabio,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:14 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mardi 27 mai 2014

UNIÓN EUROPEA

Esta mañá saín pasear cara ao Norte da cidade.Debía levar amañar unhas botas da muller. Cando aínda estaba no Sur, pasei diante duns esmoleiros que almorzaban Don Simón. "Eu soamente aspiro a vivir e durmir",razoaba un que tiña máis pelos ca dentes. 
Posté par Jaureguizar à 23:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 26 mai 2014

O POBO, A GENTE E OS HUGONOTES

A miña tensión vai como a prima de risco española, razoablemente controlada. Aínda así, por aseveramento médico, recuperei o costume -anulado hai un tres meses por causa laboral- de dar un longo abrazo matutino á cidade de Lugo. Case que ao comezo desa hora de paseo, atravesei a praza que fica diante da estación de autobuses. Diante das escaleiras que descenden cara á Porta do Cárcere quedan aínda uns paneis de madeira nos que os partidos pegaron carteis electorais. Uns están superpostos sobre outros, aínda habendo espazo para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
dimanche 25 mai 2014

A CAMISETA DE CASTELAO NO SALÓN DA FAMA

A PRIMEIRA e derradeira vez que xoguei un partido oficial foi coa selección galega. Varios intelectuais de reputada finura no achique de espazos —Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Xurxo Souto,...— xuntámonos na Estrada en 1997 para xogar un partido de fútbol coa fin de reinvidicar unha selección. Ao rematar, un gaiteiro interpretou o himno elevando as notas sobre a vulgaridade épica do noso suor e a nosa rabia.Antón Reixa bisboume ao oído que deberíamos buscar un xeito máis orixinal de reivindicarmos que cantar Queixume dos pinos.... [Lire la suite]

samedi 24 mai 2014

OS BEIZOS DERROTADOS

Estamos os tres na cociña. Antón argalla entre os seus cereais e o Fifa 2014 sen acabar de atender ao que debe. Teño 48 anos. O meu xaxún é o momento do primeiro medicamento que debo tomar de xeito regular na miña vida. Sara ten ollos grandes, coma as personaxes de manga. Observa os meus beizos caendo no intre de tragar a pílula. Revélase suavemente amarga ao pousala na lingua, pero Sara sabe que non é iso o que me estarrece. Sara é observadora. Non quere ser xornalista porque non quere ser o seu pai. "¿Por que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
vendredi 23 mai 2014

A FESTA DOS RAPACES

Esta maña viaxei ata Vigo para falar no Colexio Seis de Nadal sobre Os Sabuxos entran na Casa do Pé Esquerdo. Acceder ao centro requeriu que me inventase unha paciencia da que carezo. Timbrei varias veces e, na derradeira, unha muller acodeu a abrirme. Desculpouse. Non sentía os meus reclamos porque o recibidor estaba asolagado de música. Ao acceder ao interior, atopei media ducia de rapaces danzando en cadeiras de rodas grazas a tres mulleres que ían empuxando e arrastrando para atrás as súas cadeiras e cantaruxando. E pensei... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 22 mai 2014

O CAMPO DO PANO DE OURO

Hai un Xosé Manuel Beiras que me interesa, o intelectual. O Beiras político adoita sobreactuar e cubrir dun boureo escuro as súas ideas lúcidas. Veño de lerlle nos papeis de El Progreso algo ben bonito. Pretende mudar Europa segundo o modelo de "Joyce, Rosalía e Galileo". A icona do exoparlamentarismo falaba na presentación do manifesto de apoio a Alternativa Galega de Esquerdas. Entre Francisco Xavier Abilleira Cortegoso e Isaac Xubín hai 178 asinantes. Outro manifesto, Avante Galiza!, que recomenda votar ao Bloque... [Lire la suite]
mercredi 21 mai 2014

RESPLANDOR

  Álvaro fascinoume cando nos atopamos antonte. Faloume do libro que estaba lendo e mesmo adiantoume o título que reserva en capela. Hai xente que practica lecturas ordenadas e consecutivas, que limitan ao sur co norte da seguinte. As miñas lecturas son varias e simultáneas; desordenadas, caprichosas e inconstantes. Hai libros que me acompañan dende hai moitos anos, pero non porque falen de min nin porque me cambiaran a vida. Esas obras son balizas que emiten avisos na miña mesa de noite porque non os rematei, pero tampouco me... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]