mardi 20 mai 2014

PAULA PRADO, A INCRIBLE MULLER MINGUANTE

  Paula Prado parecíame un achado do Partido Popular. As súas cualidades eran estranas na política galega. Daba ben en cámara e era quen de expresarme con soltura razoable en galego malia o seu perfil capitalino e pentavogálico. As mensaxes non melloraban as catro ideas forza redactados polas personas con ideas da súa formación, pero a mocidade, a beleza e a capacidade para pronunciar as palabras de xeito intelixible convencérome para aceptar que fora unha elección acertada de Feijoo. Pero, claro, os regalos de la hostia,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

lundi 19 mai 2014

BANALIDADE

O xuízo contra os concelleiros de Santiago amosa a banalidade no uso dos fondos públicos e percepción de estar exentos da lei xeral. O xuízo por quitar multas en Lugo amosa banalidade no ingreso de fondos públicos e discriminación caprichosa no cumprimento da lei. Oh, mores!
Posté par Jaureguizar à 17:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 18 mai 2014

UNHAS LETRAS AZULGRANAS

Hai un chiste do que tiro con recorrencia para xustificar a miña desafección pola lectura de poesía. Alego que o médico tenma prohibida poque me perturba o equilibrio da tensión. A broma, como consecuencia da súa reiteración, volveuse realidade. Levo unha semana coa tensión propensa ao xigantismo. Non fumo, raramente bebo alcool; a causa é ben outra. A culpa é das Letras Galegas, en xeral, e de que llas dedicasen a un poeta lucense, en concreto. Xosé María Díaz Castro, natural de Vilariño dos Cregos, en Guitiriz, provocoume unha... [Lire la suite]
samedi 17 mai 2014

CUATRO ESQUINITAS TIENE MI CAMA

O PADRE FÉLIX GARCÍA era tan dogmático como voluntarioso. En outubro de 1955 logrou que Ortega y Gasset permitise que lle dese a extrema unción, aínda sendo «librepensador» —que lle reprochaba a miña tía Charo—.En febreiro de 1962 volveu á carga contra Julio Camba. Achegouse ata o hotel Ritz de Madrid levando os santos óleos. «Rece un padrenuestro», pediu ao escritor. «É que non o sei», contestou Camba. O cura suspirou lembrando que estaba ante dun anarquista que se convertira a cambio da regalada vida burguesa: «Ben, pois un Deus... [Lire la suite]
vendredi 16 mai 2014

OS CHICLES ANULADORES

Carmen Villar, xornalista do Faro, chamoume onte para que opinase sobre a reña do embaixador israelí en España, Alon Bar, ao Parlamento galego a respecto do seu pronunciamento no Día do Ëxodo Palestino. Eu non atopo nada de reprochable na declaracións dos nosos representantes, nin me parece que se desvíe da Teoría dos Dous Estados, que debería ser unha transición a medio prazo para un Estado integrado. Para comprender a reacción de Alon Bar hai que considerar que é socialista, que naceu nun kibutz e que procede de Sasa, na raia co... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 15 mai 2014

ANTICILÓN

Heidegger dicía que somos seres para a morte. O filósofo non chegou ao núcleo ontolóxico: somos seres para o fútbol. Eu tamén calculei na niña infancia que sería estrela de primeira división. Sabía que nacer en Bilbao garantíame tanto como ser zurdo poder xogar no Athletic. Daquela non recoñecera que a miña flexibilidade non gañaba con vantaxe á dunha sinal de Stop. Vermella e branca, iso si. Daquela desenvolvín un resentimento secreto cara a ese xogo de complexas estratexias e movementos que nunca comprendín. Entendía que se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 14 mai 2014

UNHA ASASINADA DE SEGUNDA CLASE

O primeiro é xulgar aos autores dos disparos contra Isabel Carrasco; o segundo, saber quen está tras eses comentarios frivolamente crús e máis tras os comentarios crueis nas redes; o terceiro, esixir aos políticos galegos que non manifestaron respecto pola morta que se retracten. Apelar aos mortos en Lampedusa e ás mulleres asasinadas por homes soa coma cando falaban nos 80 de asuntos internos de Eukal Herria para evitar condear a ETA. Non hai finados de 1ª e de 2ª no ámbito moral, pero amosar un xesto de respecto cara aos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:40 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 13 mai 2014

CANDIDATURAS GREMIALISTAS AO EUROPARLAMENTO

A miña visión de Lidia Senra é de candidata gremial. Sei que sabe moito sobre gandeiría. Volveu demostralo nunha entrevista noturna na Radio Galega. Escoiteina para tratar de ver se a súa formación tan ampla nese campo abrangue outros, se en Bruxelas pode facer unha defensa xeral do país, o que se lle require a un representante público. Foron cinco minutos de contestar a un cuestionario bastante ríxido. Explicouse resoltamente cando lle preguntaron pola cota láctea, pero logo que se o pobo vai estar no Europarlamento (como non se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
lundi 12 mai 2014

UN CARTEIRO RURAL

    Juan García-Morán Escobedo conta no ensaio sobre Leo Strauss previo a ¿Qué es filosofía política? (que vén de rescatar Alianza) que o filósofo alemán soñaba na mocidade con "ser carteiro rural, ter unha granxa de coellos e ler a Platón" polo resto do seu tempo. O seu interese pola política, en abstracto, non impediu que a política en concreto o perseguise. Como xudeo deu esperanza á República de Weimar. Pensou que refrearía o antisemitismo secular da Centroeuropa, esa consideración dos diferentes como estranos. Ao... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
dimanche 11 mai 2014

A DIFICULTADE DE MUSICAR A RAMÓN PIÑEIRO

  NA PRIMAVERA de 2008 atopei un cantante lucense saíndo da sucursal de Caixanova na rúa da Raíña. Andaba nervioso, como se calculase feitos inanes, como se o seu equipo ía gañar a Liga ou algo igual de trascendente na súa economía. Confesoume que estaba formulando hipóteses sobre as Letras Galegas. «Álvarez Bláquez non foi mal homenaxeado», retruquei como se soubese moito sobre o editor e poeta. Miroume como se eu fose o modelo para crear o parvo universal. «A miña preocupación non é este ano, senón o vindeiro», confesou... [Lire la suite]