Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 juin 2014

JUAN CARLOS MONEDERO

Eerie-Elvis

Esta mañá regresei do paseo e liguei coa cola da entrevista de Kiko Novoa a Juan Carlos Monedero. Kiko, presentándolle as debilidades e contradicións de Podemos, e Monedero, salvándoas intelixentemente. Paréceme irrealizable o 90% das cousas que propoñen, pero celebraría que o dirixente do novo partido crese no 90% das cousas que propón. Pode que, se collen forza, logren algúns cambios cara a un maior control ético da actuacións das elites que se asignan o poder e a oposición con ánimo de exclusividade. Cando cheguei ao xornal souben polo Twitter da abdicación de Juan Carlos de Borbón en favor do seu fillo. O Rei aceptou que a única casilla na que podía pisar para salvarse era a ocupada polo seu fillo, que está limpo da inmensa mancha da avaricia que escurece as elites españolas. Persoalmente, pouco me ten un ca outro. Son un desafecto. Preocúpame que Felipe de Borbón ten unha discrección, un evitar expoñerse, que pode mellorar a imaxe da monarquía entre os súbditos. Poida que estea enganado sobre a influencia de Podemos, poida que os resultados das Europeas teñan indicado a Rubalcaba e máis a Juan Carlos I a necesidade de mudar a superficie das súas respectivas institucións, o PSOE e a monarquía, para que o fondo continúe intacto.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité