Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 juin 2014

AS LIÑAS AZUIS DE TAKESHIS

Takeshi-Kitano-Wet-Feet

O paseo da mañá rematou coa sorpresa e o leve escándalo de ver que baixo o lombo da miña casa, na rúa de Galicia, están repintando as liñas azuis que clasifican as prazas para aparcar na ORA. A concesión municipal está cuestionada polo referendo á que a someteu algunha das nosas xuízas, Pilar de Lara e Estela San José. Son Sabelas I de Inglaterra que nos descobren que forzar a lei nada ten de aceptable aínda que se reitere durante décadas. Xa contra a noite, regreso a casa inusitadamente cedo en relación coa miña profesión, e sento mirar Takeshis en Cinemateka. As películas de Takeshi Kitano están medidas para os espectadores domésticos: no medio do pase privado deume tempo a prepararme unha cea triste -a tensión está regulada, grazas-, a ducharme e a botarme colonia de Massimo Dutti. Kitano pauta o ritmo impecablemente, pero é tan vagarento que case me rindo nunha soneca. A trama, sabida, é a dos xemelgos rico-pobre que intercambian as vidas. Tan manida coma as liñas do parquímetro, pero está contada con numerosas anticipacións de esceas e unhas relacións de casualidades entre o círculo de personaxes que ben remiten ao que está acontecendo en Lugo duns anos cara a hoxe.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité