A Historia acelera de imprevisto. Mesmo cando pensamos que vai seguir o seu curso vagarento. Os expertos na monarquía levan tanto recomendando ao Rei que abicase e asumindo que non o faría que a renuncia os sorprendeu no segundo café da mañá. Asumían que resistiría no trono por moitos motivos, pero o principal era que o estaban incomodando coa súa insistencia. A Historia de España colleu velocidade un lunes de mañá, cando os biorritmos aínda estaban boquexando, cando os súbditos estaban preocupados por concretar o grado de finximento de Diego Costa e por se o vocabulario de La que se avecina é axeitado para que os fillos vaian repetíndoo por aí adiante. Juan Carlos I deixa o trono a Felipe VI sen advertir e sen que os monarcólogos fosen capaces de mirar quen entraba e saía pola porta de atrás. Pouco se falou da Raíña, da vella e da nova. A cidade de Lugo entendeu o peso desa dignidade adicándolle unha das súas rúas principais. A categoría de rei deu para unha fonte.