Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 juin 2014

AS CHARLAS PERDIDAS

superman

A mañá foi de asuntos pendentes. Ao cabo dei solucionados case que todos, quedándome un importante; coma se eu fose un Estado en sucesión monárquica. O ceo presentouse pesado e inclinado a derrubarse sobre os tellados mouros, e eu tiña pendente unha videoconferencia con rapaces de San Clodio e Vilamartín de Valdeorras a media mañá organizada por Fran Bouso, polo que metín présa aos Adidas para achegarme á xestoría de Hugo. Cada ano sométolle a miña vida económica do anterior para que me indique os montes e moreas que debo pagar novamente ao Estado de Soraya Sáinz de Santamaria pola miñas accións literarias. Nese transo teño presente que xa me rabenaron dun 21% de IVE de cada unha delas. Cando me convida ao seu despacho, Hugo sabe que me vou queixar do IVE e sabe que me vou queixar das charlas que nunca máis aspirarei a cobrar. É o mes da renda. Fóra prende a choiva.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité