vendredi 6 juin 2014

AS CHARLAS PERDIDAS

A mañá foi de asuntos pendentes. Ao cabo dei solucionados case que todos, quedándome un importante; coma se eu fose un Estado en sucesión monárquica. O ceo presentouse pesado e inclinado a derrubarse sobre os tellados mouros, e eu tiña pendente unha videoconferencia con rapaces de San Clodio e Vilamartín de Valdeorras a media mañá organizada por Fran Bouso, polo que metín présa aos Adidas para achegarme á xestoría de Hugo. Cada ano sométolle a miña vida económica do anterior para que me indique os montes e moreas que debo pagar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,