Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 juin 2014

A CONSTITUCIÓN, LITERATURA DE DRAGÓNS E ESPADAS

Wertheimer_Elvis_Pepsi_HiRes

O paseo de hoxe foi tamén con destino marcado. Achegueime ata Frutas El Valenciano, en Montirón, para mercar unhas patacas. De camiño déuseme por dubidar se os comerciantes desa tenda falarían galego. Logo contesteime reparando en que eu son vasco e fillo de vascos. A dúbida duroume uns segundos de impostura, algo que a monarquía leva séculos cometendo en Europa e Asia con plausible éxito. No caso de Europa, os reis teñen unha función exclusiva de garantiren o mito e a tradición; non acontece coma cos sátrapas árabes, que asemade gobernan. Agora que algúns tratamos de que se discuta sobre se seguimos mantendo (no senso económico, sobre todo) a monarquía, pensei onte na cama no elevado grado de infantilismo que sustenta á realeza. Os monárquicos defenden que a xefatura do Estado sexa unha entidade allea á política. O franquismo estaba alleo á política, ou diso pretendía o ditador. Certo que Juan Carlos de Borbón entregou aos cidadáns o poder absoluto que lle entregou Franco. Certo que debeu asumir que, de negarse, tería emprendido o camiño do avó. As dependentas de El Valenciano dixéronme o prezo das patacas en galego. Cando saín do comercio pregunteime pola lexitimidade da monarquía española alén eses primeiros anos de Transición de tiranía a democracia. Estou certo de que o rei xa amortizou a decisión tomada hai corenta anos. Non vexo outro motivo adulto para que o seu fillo, Felipe VI, continúe sendo xefe de Estado, de non ser que o referente da Constitución sexa a literatura de dragóns e espadas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité