Compostela é un invento xenial de Afonso II O Casto, Diego de Xelmírez, Manuel Fraga e Xerardo Estévez. Sánchez Bugallo non pasou de ser un bo mantedor antes de entregar as chaves da cidade, por imperativo legal, a roás e currás. O declive da nosa cidade máis importante pode verse refreado agora coa designación de Agustín Hernández. Feijoo perder un dos seus conselleiros máis capacitados; libérase dun aspirante secreto ao seu posto e, posiblemente gaña un alcalde que devolve a sensatez e a discrección ao Pazo de Raxoi. As posibilidades dunha maioría absoluta son contadas, aínda que dependen desa federación de asociacións de veciños nas que se dispersou a esquerda. Anxo Lugilde apuntaba onte a Suso de Toro como candidato polo BNG. Non se lle coñece a xestión, pero si o prestixio e a formación. Porén, a decisión sería inxusta co traballo continuado e acertado de Rubén Cela. No PSOE, no canto de falarse do candidato; fálase da multiplicación dos pans e os peixes con carnet socialista. Polo de agora, sabemos que Agustín Hernández houbo de tirar de personas que non foron valorados polos votantes. A elección de María Jesús Sáinz provocoume nostalxia, coma cando entras nun museo decimonónico e miras os retratos, que te preguntas sobre como serían se volvesen falar.
lundi 16 juin 2014
DESPOIS DOS ROÁS E OS CURRÁS
Posté par : Jaureguizar à 11:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : Agustín Hernández, Alberto Núñez Feijoo, Anxo Lugilde, Manuel Fraga, Rubén Cela, Santiago de Compostela, Suso de Toro
Tags : Agustín Hernández, Alberto Núñez Feijoo, Anxo Lugilde, Manuel Fraga, Rubén Cela, Santiago de Compostela, Suso de Toro
Vous aimerez peut-être :
Commentaires sur DESPOIS DOS ROÁS E OS CURRÁS
Nouveau commentaire