Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 juin 2014

O BRAVÚ ESTÁ DE NOSTALXIA

BILL EVANS

O Bravú está de nostalxia. Hai xente organizando unha revitalización, músicas novas, reencontros de camaradas, libros para contar agora -con perspectiva Nevsky- todo o que se argallou hai vinte anos. 1994-2014. E son moi amables comigo porque non me esqueceron, malia non ser eu un deles, os músicos. Deixáronme entrar cando balbucía literatura sen saber quen era o rapaz das gafas de metal e as botas Bestard. Foron xenerosos e teño demasiadas débedas na súa pizarra de pagarés, pero non me apetece lembrar nin regresar. Tirei con todos aqueles recurtes de narcisismo xornalístico que gardaba porque quería empezar de novo, non volver ser eu. Agora estou novamente nese intento e podería ser un erro visitar de novo os ámbitos dos trinta anos. Daquela podía escribir durante horas porque dispuña de ganas e café a eito. Agora prefiro camiñar durante horas e escribir durante minutos. Ás veces temo acabar coma Bill Evans, que tocaba jazz cos dedos mancándolle no piano porque a heroína soamente lle causaba fame de caramelos. Moitas grazas, xente do Bravú: condoádeme a débeda. Eu agora soamente quero mirar a vida transcorrer apoiado no limiar da porta do Cabaret Voltaire e seguir contándoa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité