
O Bravú está de nostalxia. Hai xente organizando unha revitalización, músicas novas, reencontros de camaradas, libros para contar agora -con perspectiva Nevsky- todo o que se argallou hai vinte anos. 1994-2014. E son moi amables comigo porque non me esqueceron, malia non ser eu un deles, os músicos. Deixáronme entrar cando balbucía literatura sen saber quen era o rapaz das gafas de metal e as botas Bestard. Foron xenerosos e teño demasiadas débedas na súa pizarra de pagarés, pero non me apetece lembrar nin regresar. Tirei con todos...
[Lire la suite]