Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 juin 2014

CAMPO DE VERÁN

marmol

O FRÍO NON EXISTE, aínda que nos incomode ser incapaces de convencer ao cerebro de que non estamos aterecidos. A física define a temperatura en función da cantidade de calor, polo que o frío caracterízase de xeito negativo, por ausencia. San Lorenzo debeu, obviamente, preferir o frío do anonimato á grella instalada cerca do Campo de Verán de Roma, onde foi queimado no século III por orde do emperador Valeriano. Do mesmo xeito ca o frío, podemos deducir que o anonimato é ausencia de coñecemento. Acontece con artistas que, andados os séculos, acaban sendo apreciados con xustiza. O talento de El Greco foi desprezado masivamente como se a súa xenialidade proviñese de ser carne de estudos oftalmolóxicos. Os artistas teñen unha visión diferente ao común e avanzada da realidade. Por iso, El Greco estivo presente no devalar dos séculos no seu caixón de inspiración, como nos lembra estes días unha exposición que amosa a súa influencia do pintor cretense en Manet, Picasso ou Bacon, no Museo del Prado. A propia mostra é vítima da gradación na atención social: foi noticia coma primeiro acto oficial que a raíña Letizia protagonizaba. Grazas a ese xesto alleo á arte, o museo madrileño converteuse nun punto culturalmente quente. A pinacoteca do colexio escolapio de Monforte ten dous grecos; entre eles, un San Lorenzo que segue en zona fría.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité