
A heroica cultura de Galicia durmía a sesta cando un tremor a axitou: a Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar as Letras Galegas a José Filgueira Valverde. Como golpe de efecto é insuperable. A Academia, resignada a ser administradora concursal da nosa cultura, escolleu unha Conchita Wurst, a súa señora con barba, a súa figura discordante, para gañar a Eurovisión do 17 de Maio.
Os candidatos eran cinco. Tres xerarían tensión -Filgueira por franquista, Manuel María por nacionalista e Carvalho Calero por reintegracionista-....
[Lire la suite]