Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 juillet 2014

OS NENOS QUE ME CHAMARON ASASINO

chi-massacre-guns-20120928

Hai tres meses chamoume unha televisión de Madrid para que participase nun debate sobre Israel e Palestina. Advertinlles de que era unha frivolidade que me convocasen porque unicamente coñezo de xeito superficial ese problema territorial, aínda que me interese dende hai décadas todo o que teña relación cos xudeos. Non fun por asumir a miña ignorancia, unha sensación que vexo reforzada estes días nos que leo tanto escrito extremo e iracundo sobre o asunto. A curiosidade fixo saltar en min a pregunta que logo formulei: “Por que eu?” A resposta desconcertoume: “Porque é vostede periodista e asinou un manifesto contra o boicot a Israel”. A primeira presunción, que un periodista sabe de todo, é atrevida. A segunda, que eu tivese asinado un manifesto a prol da paz que me remitiron e que iso fose aceptado como marcador de sionismo, resultoume temerario. Esa sinatura prendeu unha ringleira de pólvora que aínda non apaguei. Hai un mes telefonoume unha xornalista galega para inquerirme polo tal manifesto co gallo do Bloque rexeitar condear o Holocausto no Hórreo. A negativa pareceume inxustificable, pero a miña opinión non tiña relación con que eu apoiase unha proposta que nese momento me pareceu interesante. E hoxe, hai un par de horas, Madeira de Uz preguntábame en Twitter se retiraría a miña sinatura nese manifesto. Non a retiraría porque esa era a miña opinión sobre un momento e unha situación. Tamén houbo unha adolescencia na que era anarquista e non vou renegar daquelas ideas tan cándidas e bonitas. No fondo, seguen inspirando todo o meu pensamento político. Acordei da conciencia ácrata que mantiven ata os catorce anos aquela tarde unha década despois, segundo saía dun misa cristiá en Belén. Unha tía miña, xenerosa e católica, ía discutindo algún asunto histórico-relixioso cun sacerdote progresista de Oñati -en euskara, que se presta para a metafísica-. Eu camiñaba canda eles cando se nos achegaron varios nenos árabes para berrarnos: 'Asasini!' Supoño que o feito de que aqueles cativos insultasen a uns occidentais cos que se cruzaban nunha rúa de xeito casual podía atribuírse a un xogo de provocación sen maior trascendencia, pero preocupoume que, naquel 1989, o ambiente de tensión continuada empuxase a esa gamberrada a uns meniños.

Photo: Chicago massacre guns

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité