vendredi 25 juillet 2014

OS SIMULACROS PARA CANDO CELEBREMOS O DÍA DA PATRIA

A pantalla do meu portátil é cativa, aínda que ben entran 17 heroes. Posan nunha foto do Seminario de Estudos Galegos que é unha pre-foto. Os persoeiros que aparecen figuran nun estadio anterior a, nun antes de. Hai catro rostros que me chaman: Risco, con cara de perplexidade antes que o soterrase o pánico; Otero Pedrayo, a quen un sombreiro fai sombra etimoloxicamente, albiscando o disgusto que lle supuxo o compromiso; Carvalho Calero, co xesto desafiante co que despois enfrontou os desafíos da barbarie franquista, e Filgueira... [Lire la suite]

mercredi 23 juillet 2014

OS ESTRANOS VASOS LONGOS

Jazz entre amigos era un programa de Televisión Española que non me perdía. Nada sabía de jazz con trece, catorce anos. Nada me interesaba o jazz. Transistaba entre a banda sonora de Grease (unha soberbia revisión do rock clásico por parte dos Bee Gees) e os Led Zeppelin cara aos Clash e os Sex Pistols. Pero o presentador de Jazz entre amigos era fascinante. Comparecía na televisión tardofranquista nun pub baixando gin tonic e daba caladas a un cigarro para marcar as pausas das frases con varios figurantes como colaboradores... [Lire la suite]
mardi 22 juillet 2014

ORIENTE MEDIO ARREDOR DE NÓS

    Tiven unha breve estadía en Israel e Palestina hai 25 anos. O pouco que escribín sobre o conflito de ambos os países fíxeno baseándome neses once días percorréndoos de xeito estenso e fugaz. O ton dos textos todos foi naturalista, non político. Hai un par de anos asinei un manifesto que me remitiron e hai un par de días vinme empuxado polas costas a unha trincheira. Os que me empuxaron ocupaban a trincheira oposta e necesitaban alguén contra o que disparar. A falta doutro vulto, escolléronme a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
lundi 21 juillet 2014

OS NENOS QUE ME CHAMARON ASASINO

Hai tres meses chamoume unha televisión de Madrid para que participase nun debate sobre Israel e Palestina. Advertinlles de que era unha frivolidade que me convocasen porque unicamente coñezo de xeito superficial ese problema territorial, aínda que me interese dende hai décadas todo o que teña relación cos xudeos. Non fun por asumir a miña ignorancia, unha sensación que vexo reforzada estes días nos que leo tanto escrito extremo e iracundo sobre o asunto. A curiosidade fixo saltar en min a pregunta que logo formulei: “Por que eu?” A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 18 juillet 2014

O ASNO DE BALAAM

O paseo desta mañá estivo cheo de provocacións. Saín dende a miña casa na baixada ao peirao de Porcillán, que usaba Alfredo Deaño nos seus exemplos da Introduccion a la lógica formal (Alianza), que tanto lle prestaba ler a Leopoldo Calvo Sotelo. O paseo empuxoume cara ás aforas de Ribadeo, onde me criei, un chisco ao sureste da que foi a miña casa e que nestes días é un burato de bombardeo serbio en Bosnia-Herzegovina porque van facer unha residencia para idosos. No barrio de Garitos, por tras do arquitectónicamente rigoroso cuartel... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mardi 15 juillet 2014

AUGA DE VICHY

Cando os norteamericanos liberaron Garmisch do Terceiro Reich requisaron as mansións para dar abeiro aos seus soldados. Nunha das apetecibles saíulles ao paso un vello proclamando que era Richard Strauss. O tenente que mandaba naquela unidade ordenou a inmediata retirada porque coñecía as composicións musicais do alemán. Esta mañá encetei unha novela infantil, unha nova aventura de Os Sabuxos. Juan Tallón desconfía de que vaia escribir sesenta folios en quince días. Seica que Filgueira Valverde tamén redactou algún texto para... [Lire la suite]

lundi 14 juillet 2014

POLO CAMIÑO DE XOÁN

  O paseo de onte deino en coche polo Camiño de Xoán. Conducínme do norte ao sur do país, de Ribadeo a Ourense, para encontrarme con Juan Tallón; en adiante Tallón porque en Lugo os cidadáns soamente teñen apelido, a única certeza que nos ofrecen para diferenzalos alén un nome de pía igual ao doutros moitos. Tallón chamoume hai uns días co respecto co que Marcel Proust se dirixía a Henri Bergson cando lle foi ás clases de filosofia na Sorbona a escoitarlle reflexionar sobre a intuición. -Señor Jaureguizar -dixo cunha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
dimanche 13 juillet 2014

O ANO NO QUE ELIXIMOS PERIGOSAMENTE

A heroica cultura de Galicia durmía a sesta cando un tremor a axitou: a Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar as Letras Galegas a José Filgueira Valverde. Como golpe de efecto é insuperable. A Academia, resignada a ser administradora concursal da nosa cultura, escolleu unha Conchita Wurst, a súa señora con barba, a súa figura discordante, para gañar a Eurovisión do 17 de Maio. Os candidatos eran cinco. Tres xerarían tensión -Filgueira por franquista, Manuel María por nacionalista e Carvalho Calero por reintegracionista-.... [Lire la suite]
vendredi 11 juillet 2014

UNHAS CAIXAS DE PEIXES CON CRISTAIS

No Cantón, onde tomo auga con gas (non porque me saiba, senón por anglofilia), podo ver un, dous, camareiros vestidos de camisa branca; o seu xefe, Nemesio, reforzou o disfraz cun sombreiro e unha paxarela, e ornamentou as paredes do café con románticas cartas náuticas do Caribe, e axitadoras páxinas do Gramma e máis do Juventud Rebelde. Ribadeo vestiuse de tematismo cunha festa indiana polo que alcalde, Fernando Suárez Barcia, pediume que botase unha escrita co gallo de tan sonado acontecer vilego. Ser cronista local nunca... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 9 juillet 2014

A RAG VALIDA TODOS OS FILGUEIRAS QUERENDO LEXITIMAR UN

O paseo desta mañá transcorreu entre a praia manufacturada dos Bloques e As Aceas, onde rehumanizaron dous muíños de marea do Renacemento ribadense. Na hora de camiñada regresei ao Affaire Filgueira porque o meu sogro me estivo lendo, en voz comprensiva, a entrevista au pair con neto de Alexandre Bóveda e o fillo de José Filgueira Valverde. Don José non delatou ao amigo, Don José non se interpuxo entre o amigo e a barbarie marcial porque non o chamaron e porque preferiu evitarse a parede, Don José era amigo da viúva, Don José era... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,