Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 août 2014

FUMAR E FACER A CAMA

Bruce Davidson hg_arresting_1209

O meu pai decidiu nun momento da miña vida que era maior abondo para fumar e facer a cama. Non son quen de concretar a miña idade daquela -catorce, quince-, pero si de saber que o meu aita razoaba que, se fumaba, prefería sabelo e non que me afumase os pulmóns ás súas costas. Nunca fumei porque nunca me fixo chiste, pero si fago a cama, aínda que tampouco me fai chiste. Nesa idade na que o meu pai me deixaba fumar, nos catorce, nos quince, estaricaba a cama pensado no cinismo. A diferenza entre facer a cama ben ou mal era dar un sinxelo tirón á saba. Ou non.  Era o micropoder que analizou Foucault: o poder dos meus pais para obrigarme a facer a cama a xeito, o meu micropoder para non dar ese tirón e deixar unha engurra como marca de oposición. Fumar non representaría un acto de desobediencia cara á autoridade do meu pai, dado que era unha posibilidade que el asumía com probable. El fumaba dende cativo. Ás veces, eu deixaba as engurras nas sabas como mostra mínima de resistencia. A miña nai daba o estirón. A mensaxe desaparecía.

Photo: Alambama, 1963. Bruce Davis

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité