
O meu pai decidiu nun momento da miña vida que era maior abondo para fumar e facer a cama. Non son quen de concretar a miña idade daquela -catorce, quince-, pero si de saber que o meu aita razoaba que, se fumaba, prefería sabelo e non que me afumase os pulmóns ás súas costas. Nunca fumei porque nunca me fixo chiste, pero si fago a cama, aínda que tampouco me fai chiste. Nesa idade na que o meu pai me deixaba fumar, nos catorce, nos quince, estaricaba a cama pensado no cinismo. A diferenza entre facer a cama ben ou mal era dar un...
[Lire la suite]