
Un motorista matouse na Nacional VI a media tarde. Tiña tres anos menos ca min. As mortes de persoas máis novas estarrécenme como se a vida dun descoñecido e máis a miña debesen estar compensadas. Saín de traballar contra a medianoite. No canto de regresar á casa, como adoito, sentinme desacougado polo motorista e marchei ás Termas, un centro comercial dende onde se ve Lugo como se fose un chalet que deseñaba o arquitecto John Lautner nas alturas de Los Ángeles. Pensei en mirar unha película, calquera película frívola que falase de...
[Lire la suite]