jeudi 28 août 2014

UN LIBRO INCERTO SOBRE FÚTBOL

    Ourense é a outra Fisterra. Un lugar ao que non atopamos a ocasión de ir. A min levoume un azar familiar. Aproveiteino para citarme con Juan Tallón. O encontro desenvolveuse nunha terma. Dentro. Atopámonos frívolos e case espidos sometidos a un baño maría nunha piscina. Mirabamos o vagarento e inconsistente ascenso do vapor, e gozabamos unhas aguas de Mondariz con gas e lascas de limón. Inadvertidamente, Tallón quitou un libro dalgún escondedoiro situado nun punto medio entre o seu traxe de baño e as rochas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,