vendredi 29 août 2014

A VIDA DE GEORGE BAIEY SEN GEORGE BAILEY

Nunca mirara La vida es bella de Frank Capra. Incomódame o titulo. La vida es perra, sería máis convincente. Non quero ser inxusto: a vida é tan fermosa e tan fea como sentenza McBeth. Comecei a mirar a fita porque ma propuxo TCM e porque me suxería un paseo virtual pola América dos anos 40, cos seus fascinantes teléfonos pesados e negros, e o seu ridículo baile de charleston. Despois, fun comprobando que Capra sabe conter a efusión de sentimentos maniqueos que pon en xogo elaborando unha película de xénero para unha época do ano,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,