vendredi 29 août 2014

A VIDA DE GEORGE BAIEY SEN GEORGE BAILEY

Nunca mirara La vida es bella de Frank Capra. Incomódame o titulo. La vida es perra, sería máis convincente. Non quero ser inxusto: a vida é tan fermosa e tan fea como sentenza McBeth. Comecei a mirar a fita porque ma propuxo TCM e porque me suxería un paseo virtual pola América dos anos 40, cos seus fascinantes teléfonos pesados e negros, e o seu ridículo baile de charleston. Despois, fun comprobando que Capra sabe conter a efusión de sentimentos maniqueos que pon en xogo elaborando unha película de xénero para unha época do ano,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,

jeudi 28 août 2014

UN LIBRO INCERTO SOBRE FÚTBOL

    Ourense é a outra Fisterra. Un lugar ao que non atopamos a ocasión de ir. A min levoume un azar familiar. Aproveiteino para citarme con Juan Tallón. O encontro desenvolveuse nunha terma. Dentro. Atopámonos frívolos e case espidos sometidos a un baño maría nunha piscina. Mirabamos o vagarento e inconsistente ascenso do vapor, e gozabamos unhas aguas de Mondariz con gas e lascas de limón. Inadvertidamente, Tallón quitou un libro dalgún escondedoiro situado nun punto medio entre o seu traxe de baño e as rochas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
mercredi 27 août 2014

UNHA FRONTEIRA DE XIZ

    Andrew non comprende Europa. Ignora que pode haber culturas intensas e distintas nunha distancia de trinta quilómetros. Supoño que ignora o acontecido en Fiume, onde Grabielle D'Annunzio gobernou unha república cativa, políglota e independente entre setembro de 1919 e Nadal de 1920. A muller de Andrew, Rosa, trataba de explicarlle o sábado na terraza do Costa Verde en Ribadeo, que eu era vasco, que me apelido Jaureguizar, e que falo e escribo en galego. Non atopa curiosidade. Jaureguizar soalle igual ca Castiñeira ou... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 26 août 2014

O RITUAL DA CIRCUNSTANCIA

Foucault confesa ao principio de El orden del discurso (Tusquets) a incomodidade que lle representa comezar a falar diante doutras persoas, recoñecendo que prefire sorprenderse "envolto nas palabras". Ese libro recolle súa lección inaugural no curso de Historia dos Sistemas de Pensamento de 1970 no Collège de France. Na pasada fin de semana estiven intentando compaxinar a lectura dese texto co acompañamento á miña nai, Itziar, na terraza do Náutico de Ribadeo. A tese de Foucault é que, para que se produza un discurso, ten que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
jeudi 21 août 2014

UNHA FUGAZ ESTADÍA CEGA NO PRACER ALLEO

No paseo de regreso á casa de hoxe sentín un grilo no interior opaco dun mato. Os grilos máis fortes fregan as ás para apareárense. Sorprendeume escoitar a ese grilo porque nunca me acontecera en Lugo. Na casa da infancia, en Ribadeo, era habitual o manto de sons de grilos que ascendía dende o xardín á miña cama, nun cuarto do primeiro andar da Casa do Gato. No alborexar, saíamos cazalos asolagando os seus tuneis con mexos ou con botellas de auga para atrapalos en botes dourados de pelotas de tenis Dunlop cando fuxían. O regreso á... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
samedi 16 août 2014

UNHA PRACA DOURADA

Outra noite de cear a medianoite como consecuencia do traballo. Deixei sorprender coma sempre polas canles de R. En CTK había unha película desas que teñen como principal valor estar producida nun país pobre, pero en TCM botaban Serpico, con Al Pacino. O actor logra que esquezas que o director, Sidney Lumet, está xirando nun bucle dende os dez primeiros minutos de presentación do personaxe, un policía íntegro. Nos seguinte setenta, teima en describir en escenas que se repiten cun personaxe dunha rixidez moral aburrinte. As... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

vendredi 15 août 2014

O CORAZÓN SUCIO

Un motorista matouse na Nacional VI a media tarde. Tiña tres anos menos ca min. As mortes de persoas máis novas estarrécenme como se a vida dun descoñecido e máis a miña debesen estar compensadas. Saín de traballar contra a medianoite. No canto de regresar á casa, como adoito, sentinme desacougado polo motorista e marchei ás Termas, un centro comercial dende onde se ve Lugo como se fose un chalet que deseñaba o arquitecto John Lautner nas alturas de Los Ángeles. Pensei en mirar unha película, calquera película frívola que falase de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
jeudi 14 août 2014

CUMPRIR ANOS COS PÉS FRÍOS

Acordei coma cada mañá: ás sete e media e deitado sobre o costado esquerdo. Nesa postura quedo durmido e nesa postura esperto. Nada cambia en min durante a noite, de quitados os pés fríos. Cando entro na cama teño os pés fríos.  En Todos los hombres del presidente, esa película na que Alan Pakula consegue estagar o emocionante Watergate nunha aburrida busca de nomes de corruptos, un personaxe fala sobre outro que dá aturado cun dedo na chama dunha vela. "E como aguanta?" "Esquecendo a dor". Para min sería doado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:36 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mercredi 13 août 2014

FUMAR E FACER A CAMA

O meu pai decidiu nun momento da miña vida que era maior abondo para fumar e facer a cama. Non son quen de concretar a miña idade daquela -catorce, quince-, pero si de saber que o meu aita razoaba que, se fumaba, prefería sabelo e non que me afumase os pulmóns ás súas costas. Nunca fumei porque nunca me fixo chiste, pero si fago a cama, aínda que tampouco me fai chiste. Nesa idade na que o meu pai me deixaba fumar, nos catorce, nos quince, estaricaba a cama pensado no cinismo. A diferenza entre facer a cama ben ou mal era dar un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mardi 12 août 2014

O SILENCIO ENTRE CALADA E CALADA

José Antonio ten unha virtude rara entre fumadores: sabe escoitar entre calada e calada. Tamén ten outras cousas boas, ser un dos meus mellores amigos, que son unha especie en extinción, e conducir un BMW vermello dos anos 80, o único coche que me interesa. O sábado levoume os sete quilómetros pola liñeira entre Ribadeo e Rinlo con seu conducir tan despacioso e agradable. Mentres conversabamos rodando sobre o gris da estrada e gris do mar e gris do ceo, por entre o verde dos campos, na segunda liña do meu pensamento soaba a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,