Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 septembre 2014

UN SEGUNDO NA ESCURIDADE

Psycho (1960) was the first American film ever to show a toilet flushing on scree

Xusto un segundo antes de quedar durmidos preséntansenos no dormitorio os medos todos. Os adultos da segunda idade tememos espertar no corazón da escuridade tusindo con frecuencia exasperante. As persoas de máis anos mesmo temen quedar atrapadas no Gran Soño. Na película de Howard Hawks The big sleep, o detective Philip Marlowe esixe a un sospeitoso: «Dime a verdade porque non abofeteo ben a estas horas da noite». O cansanzo pouco axuda a asustar as ameazas intanxibles. Os temores nocturnos máis intensos son os que atrapan aos nenos. O meu fillo Antón teme quedar durmido nalgunhas noites impares por se se lle presenta «o soño do vampiro». Ben sabe que os vampiros non existen porque nunca o incomodan: soamente esperta cando un balón se lle vai uns centímetros á dereita da escadra. O meu cativo non remata ben os balóns da madrugada. En tempos primitivos tocabamos os nosos temores a nada que estendésemos a man fóra da cova. Co paso dos milenios fomos aprendendo a edificar aldeas para que protexernos entre todos. Daquela, os pesadelos acabaron por ser expatriados das vilas, condenados ao ostracismo nos bosques.

(artigo completo en El Progreso)

Photo: Psycho (1960)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité