lundi 29 septembre 2014

RAPHAEL OU A PIANOLA DE TANYA

A vangarda española parou as máquinas o pasado agosto: Raphael actuou no Festival Sonorama de Aranda del Duero, un certame concibido para o ardor do pantalón pitillo e a exaltación da gafafrauta.O convite ao cantante de Mi gran noche ten unha primeira lectura bufonesca. Asistir a un concerto dun artista con calidades técnicas excepcionais, pero cun discurso tardorromántico e unha xestualidade histriónica, é unha atrevemento que require para xustificalo dunha actitude burlesca e distanciada. Mesmo á luz da actualización que lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:56 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags : , ,

dimanche 28 septembre 2014

TAÍN, ESCRÍBAME CUARTO E METADE

Hai moitos afeccionados ao futbol que son adestradores frustrados, hai adestradores que tamén o son. O xuíz Vázquez Taín fai novelas.  O pintor Leopoldo Nóvoa nunca deixaba un partido do Deportivo sen acudir á casa de Luis Rodríguez Ennes. Estamos falando dun reputadísimo e concienzudo catedrático de Dereito Romano. Os que padecemos a materia con pertinaces suspensos sabemos que é a base de toda a lexislación actual. A materia quedou na outra beira do Limia, o río do esquecemento, pero confeso que aprendín a expresar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 23 septembre 2014

UN SEGUNDO NA ESCURIDADE

Xusto un segundo antes de quedar durmidos preséntansenos no dormitorio os medos todos. Os adultos da segunda idade tememos espertar no corazón da escuridade tusindo con frecuencia exasperante. As persoas de máis anos mesmo temen quedar atrapadas no Gran Soño. Na película de Howard Hawks The big sleep, o detective Philip Marlowe esixe a un sospeitoso: «Dime a verdade porque non abofeteo ben a estas horas da noite». O cansanzo pouco axuda a asustar as ameazas intanxibles. Os temores nocturnos máis intensos son os que atrapan aos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
lundi 22 septembre 2014

O IRMÁN DE ROSALÍA SUBIRÍA AS AUDIENCIAS

  O consumo de televisión en Galicia baixou un 7 por cento dende 2007, aínda que o Luar non deixou de emitirse venres ningún. O Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales de 2013, que elabora a SGAE, confirma que o interese dos rapaces polos medios audiovisuais en galego non medra. O noso programa canónico, encarna o espírito dun tempo que está desaparecendo.Non parece que esa desidia xuvenil poida variar cunha chamada dun líder socialista galego a Xosé Ramón Gayoso, como a que fixo, con audacia estratéxica,... [Lire la suite]
vendredi 19 septembre 2014

CANDO MENOS O ESPERAS, RAJOY PONSE DE PARTE DA LEI

Eu teño unha sospeita bastante sólida de que Mariano Rajoy existe. Mesmo empezo a estar canso desas teorías extravagantes que sospeitan que morreu hai un tempo, pero deixou vídeos gravados nunha manobra audaz de Arriola inspirada pola lonxevidade audiovisual de Bin Laden. Non, Rajoy non pode nin ser sequera un experimento de garaxe construído por Moragas e Pons. Ninguén pode sentir tan baixa estima polas capacidades propias como para opinar sobre o referendo escocés agochándose tras un vídeo máis axeitado para un candidato a Tengo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mardi 16 septembre 2014

O VIXÍA NO CEREAL

Proust aseguraba que o amor é o estado que nos fai sentir con máis intensidade o espazo e o tempo. Eu temo que o amor é un estado de aparvamento que nos sitúa flotando sobre o espazo e afastados do tempo. Ao contrario ca o autor de Á busca do tempo perdido, penso que o temor é a sensación que nos coloca con máis intensidade no espazo e no tempo. A iso se refería Salinger cando explicaba o título da súa novela O vixía entre o centeo a través do seu personaxe. Imaxinábase nun campo de centeo no que corrían uns nenos. Os cativos non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:01 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

lundi 15 septembre 2014

UN OVO NEGRO

O meu amigo Manel Gegúndez provocaba de cando en vez afirmando que el apoiaría a independencia de Galicia unicamente se a gobernasen caciques. Semella que Cataluña acabará por ser un estado de seu e un estado cos seus caciquiños. Non o logrará agora; senón dentro dunha xeración política, que diría Álex Salmond. A liña do horizonte da independencia albíscoa a vinte anos vista, unha vez que se consolide Europa como grande estrutura, se disolvan os estados e se organicen os ámbitos territorias máis cercanos entre eles. Galicia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 05:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
dimanche 14 septembre 2014

OS BANQUEIROS QUE ACUDÍAN COMPRAR O PAN

Agosto estaba agonizando con dramatismo. Parecía protagonizar unha novela algodoneira de Faulkner. Eu tomaba un café nun balcón de Ribadeo. Abaixo, no medio da rúa, parou un coche escuro, brillante e longo coma as pernas de Liza Minelli en Cabaret. Descenderon un chófer e máis un escolta. Abriron a porta e tenderon unhas muletas a un ancián. Era un glorioso banqueiro ribadense que se dirixía á panadería Torviso. Tiña unha intuición sobre a natureza humana dos financeiros. Confirmeina vendo o banqueiro comprando pan en persoa. Antes... [Lire la suite]
mercredi 10 septembre 2014

DOUS TRENS CORREN AO CHOQUE CONTRA UNHA COLUMNA TRAXANA

Roberto Blanco Valdés negaba onte na Radio Galega a teoría do choque entre o nacionalismo español e os nacionalismos catalán e vasco. "É unha falacia". Ao seu entender hai "dous trens que van ao choque da Constitución". O sofisma de Blanco Valdés non deixou de volverme á cabeza dun xeito reiterado mentres ía comprar o pan no Gadis. Sobre todo porque procedía dun estudoso do Dereito Político ao que non vou rebaixar o coñecemento nin o mérito; si pretendo refutar o argumento. Segundo aseguraba onte, hai dous movementos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
lundi 8 septembre 2014

A RENTRIÑA, UN COMBATE A DOCE ASALTOS

  Antón Porto anuncioume que aquela noite de sábado vería algo «fascinante». Levaba dous días en Berlín coa mente aberta, a boca aberta e a porta do hotel aberta por todo o «fascinante» que xa me amosara o meu anfitrión, daquela lector de galego na Freie Unibersität. Antón conduciume a un pub tan sofisticado, cheo de bebedores e anodino, coma un pub sofisticado, suado e anodino de Bos Aires ou de Ribadeo. Eu non percibía o «fascinante». Sentía o desencanto.De súpeto, o público abriu un círculo no centro do local e xrudiron... [Lire la suite]