
A rutina na que vivimos cada día laborable, unha sucesión mecánica de actos, achéganos tranquilidade. Gústanos transitar pola xornada sen alteracións, sen imprevistos que nos desconcerten. Cada costume noso ten o seu lugar e o seu momento. Satisfácenos atopar cada rutina, cumprila e ir na busca do seguinte. A nosa cotidianeidade é coma as xardas que desembarcan na lonxa de Burela. Todas están amoreadas, grises e docemente mortas en caixas verdes. Cada cabala ten o seu dobre único, aínda que todas nos parecen iguais. Mesmo seríamos...
[Lire la suite]