franz Kafka for president

O domingo era domingo en Ribadeo e acordei tarde, por volta das nove. O corpo aínda non se aquelara á mañá e empecei a fuchicar en Twitter sen saír da cama. The Independent publicaba un test para poder ser cidadán norteamericano. Eran 24 preguntas. Soamente podería ser medio cidadán norteamericano. A mediodia achegeuime ata a terraza do Costa Verde para tomar unha caña. Apareceseume un familiar de Raúl Agulleiro Cartoy, o rapaz acusado de colocar a bomba en Baralla. Non souben como preguntarlle por el. Acordei da nai, Sara Cartoy, compañeira de clase e finada hai seis anos nun atropelo en Cáceres. A conversa respondeu ao formulario doutras que mantiven esa mañá. En Ribadeo todos trataban de xustificar a Raúl Agulleiro, "un bo rapaz ao que alguén lle lavou o cerebro para cometer esa parvada". É curiosa a reacción oposta que provoca un acto violento na comunidade que o padece, que é de nerviosismo e rabia, e na comunidade da que procede o sospeitoso, que é de acougo familiar e de sorpresa. Eu cubrira un test deses que antepoñen as comunidades ameazadas coma unha especie de sortilexio que os vai protexer.