
OS ARXENTINOS falan do Mundial de Fútbol de 1978, como El Mundial, como se fose un xenérico. Inducen a temer que non houbo outro campionato internacional de fútbol ningún de quitado o que se celebrou en Arxentina e gañou Arxentina.El Mundial eclipsa mesmo ao Mundial de México, cando Deus tomou partido para erguer a man de Maradona, suplir os centímetros de estatura que lle faltaban e marcar o gol do triunfo na final.Roberto Alifano comentaba o xoves o «terrible» que resultaba ver ao seu país festexando o título en 1978 mentres...
[Lire la suite]