Sally Kamille

A sobremesa da cea foi un iogur, xa contra a medianoite. Sentei comelo diante do televisor mirando unha canle calquera de R, penso que National Geographic. Debía agardar media hora para darlle unha medicina a Antón, que se mancou por terceira vez consecutiva en tres días consecutivos no brazo dereito. Botaban un documental sobre Pol Pot, o estudante de enxeñería cambodiano en Francia. Cando asistía a clases en París non se chamaba así. Logo descubriu que os únicos que se manifestaban nas rúas contra a colonización de Vietnam eran os comunistas, quen, basicamente, se facían eco das consignas que respondían aos intereses xeopolíticos do Kremlin. Pol Pot arelaba liberar o seu país. Aprendeu dos vietnamitas que mesmo uns invasores tan sofisticados e elegantes coma os franceses podía ser vencidos militarmente. Francia foi recibindo tres golpes consecutivos, en Vietnam, Camboia e Indochina. Curioso resultou o xeito de Pol Pot de realizar o comunismo no seu país. Obrigou a poboación a desprenderse de toda posesión material e a mudar de nome por outro revolucionario. O dictador cambodiano aplicou o igualitarismo radical e materialista, usando as medidas que aprendera de neno, cando o formaron no espiritualismo budista: o nacemento coma unha nova persoa. Aínda que tivo un modo brutal de converter os seus subordinados.

Photo: Sally Kamille