Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 octobre 2014

EXHIBICIONISMO, FEITICERÍA, SOBERBIA, ESCARNIO

Harassment during a civil rights sit-in at the Cherrydale Drug Fair in Arlington, VA, June 10, 1960

A xestión do ébola que está perpretando o Goberno español acabará sendo un modelo en negativo para preparar a pandemiólogos. Comezou cunha aposta de exhibicionismo ao repatriar a doenza nos corpos de dous relixiosos. Había que amosarlle ao mundo que España contaba cos medios máis sofisticados e eficaces, e había que amosarlle á Virxe María que España priorizaba o salvamento dos seus nacionais, especialmente se eran relixiosos. O segundo paso foi confiar a partes iguais no dispositivo médico e na Divina Providencia para que, unha vez expostos gratuítamente os cidadáns, non houbese unha fenda na cadea de custodia. Era unha confianza debedora máis da feiticería do rezo ca nun rigoroso cálculo de probabilidades. Unha vez producido o contaxio, as autoridades condearon á Teresa Romero como culpable dun pecado de mentira e consideraron, en consecuencia, como primeira responsable do seu padecemento. Temo que non avanzamos dende a Gran Peste de Viena de 1679. Daquela Augustin, un músico que tocaba e se emborrachaba nas rúas da capital austríaca, caeu nun burato cheo de cadáveres causados pola Morte Negra. Contaxiouse. Os vieneses non cesaron no escarnio e mesmo lle compuxeron unha canción: Oh, du lieber Augustin.

Photo: Harassment during a civil rights sit-in at the Cherrydale Drug Fair in Arlington, VA. June 10, 1960.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité